O PP impón a súa estratexia na dimisión da Valedora, que pode seguir indefinidamente no seu cargo

Quere que o cambio nesta institución veña dado cun acordo que ten que estar respaldado polo propio Partido Popular e que pode tardar anos. Ata entón, Milagros Otero seguirá de valedora.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A presión dos grupos da oposición para que dimita a Valedora do Pobo xa ten a súa resposta por parte do Partido Popular e vai con estratexia incluída. Milagros Otero anunciou este mesmo xoves a súa decisión de deixar o cargo tras coñecer a contundente resposta do Tribunal Supremo ao recurso da institución contra o caso do enchufismo da sobriña de Manuel Fraga e irmá do voceiro do PP, Pedro Puy Fraga. 

Santalices ve 'sensata' a decisión da valedora de pór o seu cargo 'a disposic
Santalices ve 'sensata' a decisión da valedora de pór o seu cargo 'a disposic | Fonte: Europa Press

Pero a propia Otero anunciou que a súa decisión está "supeditada" a que os grupos parlamentarios acorden unha proposta de novos nomeamentos, como explicou nun comunicado enviado aos medios. 

E, non en balde, advirte nese mesmo comunicado que a institución "quere garantir á cidadanía que as súas queixas seguirán sendo tramitadas con normalidade como ata o momento". "A valedora seguirá exercendo ata o último día co mesmo rigor, profesionalidade e independencia a súa importante tarefa na defensa dos dereitos das persoas", sentenciou.

A renovación dos cargos do alto comisionado, que vive desde 2007 un período convulso fronte ao consenso dos anteriores valedores (José Cora e José Ramón Vázquez Sandes —como lembran quen conviviron con eles na Cámara galega— dependen dunha maioría reforzada de 3/5 da Cámara galega. É dicir, son necesarios os votos polo menos do PP (con 41) e doutro do tres grupos parlamentarios para conseguir os 45 necesarios.

E aí está a estratexia do PP, sabedores de que será difícil atopar un ou unha substituta, evitaron que o vicevaledor, un home proposto polo PSOE, asuma interinamente o cargo. E o certo é que, cos precedentes anteriores, Milagros Otero pode seguir no cargo meses, e mesmo anos. De feito, a substitución do anterior valedor, Benigno López, tardou case tres anos, tras ter no cargo ao vicevaledor de xeito interino.

ESTRATEXIA ACORDADA

Tanto o presidente da Xunta coma o presidente da Cámara están dacordo cunha estratexia que foi deseñada ao longo do día de onte. De feito, Feijóo xa sabía antes do Consello da Xunta que Milagros Otero ía anunciar a súa dimisión "con condicións". E foi el mesmo quen dixo que "agora tócalle ao Parlamento galego acordar un substituto". Un acordo, insistiu, "para o que é necesario o consenso das tres quintas partes do Parlamento".

E esa é a baza dos populares que, coa súa maioría poden impedir ou manipular un novo nomeamento. Tamén Miguel Santalices considerou "sensata" a decisión de Milagros Otero de condicionar a súa renuncia a que haxa acordo para un substituto para "garantir" que "non se xere un baleiro" á fronte da institución comisionada.

"Unha institución tan importante como a do Valedor do Pobo non pode ter unha sensación sen carga", manifestou o presidente do Lexislativo galego este xoves, antes de participar na inauguración do Congreso Seguridade e Liberdade organizado pola Asociación de Constitucionalistas de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Onde anda a irmá de Pedro Puy ? Lembro a súa carta indignada... e non o facía mal a condenada !!!

1 anonimo

Esta é a democracia do PP, as institucións son nosas, e a Milagros Otero é dos nosos, non será moi avisada, pero para o chollo que fai vale.