Non é a primeira, nin será a última que o líder do PP quere distinguir entre "xente de ben" e outro tipo de xente. Unha frase que, curiosamente, utilizou varias veces sendo presidente da Xunta e que pasou case desapercibida. Unha "xente de ben" que ten "pedigrí" no PP e que, cando menos, patentou Manuel Fraga e seguen utilizando conselleiros da Xunta.
  comenta   1
O PP de Vilalba organizou unha misa en homenaxe ao expresidente galego Manuel Fraga, natural da localidade lucense, con motivo do décimo primeiro aniversario do seu falecemento.
A catedrática Eva María Castro e o funcionario municipal José Manuel Torres serán os aspirantes na Coruña e Pontevedra.
  comenta   0
"O BNG no ano 2000 colle unha deriva e non se embarca en acabar con esa idea de españolismo contra nacionalismo para acoller, unir maiorías comúns sobre a defensa da esquerda social fronte á oligarquía. O erro do BNG foi non entrar mesa estratexia. Se o fixese, en 2012 a alternativa non se chamaría AGE e ademais o nacionalismo sería hexemónico dentro dese movemento". É a reflexión que fai Xosé Manoel Beiras dunha etapa convulsa do nacionalismo galego. Con motivo da tradución do libro 'Espertemos!' do filósofo francés Edgard Morin, o veterano político nacionalista denuncia a involución global por parte das oligarquías. As mesmas oligarquías, di, que están detrás do deseño de calquera sistema político, incluído o español de 1978 e, en consecuencia, "o sistema autonómico galego ao que se apuntaron os máis bestas".
  comenta   6
A plataforma ButacaZero lanzará en 2023 esta peza titulada 'Iribarne', que non será un biopic, senón unha investigación sobre a figura do político
  comenta   0
"Estou convencido de que --Xosé Cuíña-- somatizou moita dor de todo o que lle causou esta circunstancia. Non o digo en termos científicos, senón o que vimos moitos na familia, que o que lle fixeran era unha inxusticia e entón todo aquel mundo que creara durante anos, desmoronouse", asegura o fillo de quen era chamado a ser o sucesor natural de Manuel Fraga e que foi defenestrado por Madrid.
  comenta   5
Un informe realizado polo Goberno de Madrid en plena crise do Prestige fala dun Faga superado "físicamente" e "dun proceso de sucesión tardío y mal controlado" sobre a división interna entre os da boina, representados porXosé Cuíña, e os do birrete, representados por Romay Beccaría. E dá consellos de como o PP de Madrid ten que tomar o poder no PP de Galicia.
  comenta   0
Segundo a practica totalidade dos inquéritos publicados (a maioría deles promovidos para alimentar un estado de opinión favorábel á inevitabilidade dunha derrota da actual maioría que sostén ao goberno de Sánchez), a chegada de Feijoo á dirección do PP explica, nunha boa medida, a expectativa de cambio que debuxan eses traballos demoscópicos.
  comenta   0
Nas últimas semanas rexistrouse unha coincidencia que merece ser comentada. Tres figuras ben coñecidas na política galega durante as décadas posteriores ao establecemento do réxime constitucional e autonómico vixente (Carlos Mella, Camilo Nogueira e Pablo González Mariñas) recibiron distintos recoñecementos públicos pola súa traxectoria comprometida coa defensa do autogoberno galego.
  comenta   0
O adeus definitivo de Feijóo en Pontevedra foi acompañado por mostras de apoio ao novo presidente da Xunta e o partido. Rueda esfórzase por se presentar como un político independente ao dos Peares pero a sombra de Feijóo segue presente no PP.
  comenta   0
O dirixente pontevedrés eríxese como novo líder do PPdeG nun congreso con lista única. Neto de comunista e fillo de 'aliancista', a vida política de Rueda deu un salto tras ser escollido como segundo por Feijóo, un posto que o levou por derroteiros que hoxe poderían volver para perseguilo.
  comenta   0
A elección de Feijóo como presidente do PP estatal, colocou á organización galega deste partido diante dunha situación inédita: a necesidade de substituír á persoa que relevou a Manuel Fraga a partir de 2006 e que, posteriormente, acadou a presidencia da Xunta.
  comenta   0
A Deputación organiza un novo club de lectura que amplía os horizontes das publicacións infantoxuvenís.
  comenta   0
Logrou manter no Estado a súa imaxe de xestor, máis afianzada se cabe durante a pandemia, e que nin episodios como o da súa relación co contrabandista Marcial Dourado, embazaron.
  comenta   0
Di que "non é de recibo" o que fixo o PP e defende a "honorabilidade" de Ayuso. O Congreso extraordinario onde previsiblemente será escollido como Presidente do partido terá lugar o 1 e 2 de abril en Sevilla.
  comenta   0
Se dimite como presidente do Goberno galego para seguir o seu camiño en Madrid haberá fito histórico: ningún antecesor deixou o cargo por vontade propia.
  comenta   0
O presidente da Xunta sortea a presión da oposición, que lle reclama desvelar as súas cartas e se a súa "principal ocupación" é Galicia ou "tapar a corrupción" do PP.
  comenta   1
Tomás Pérez Vidal vén de ser electo para facer parte do Consello de Contas xunto con José Antonio Redondo López, que revalida praza, e Anxo Ramón Calvo Silvosa.
  comenta   0
A administración ábrese a descentralizar a xestión dos residuos galegos logo de máis de dúas décadas derivando lixo a vertedoiros polo desbordamento da planta de Cerceda. O xiro, propiciado pola normativa europea, implicará a construción de tres puntos de compostaxe orgánica en Verín, Cervo e Vilanova de Arousa.
  comenta   0
Stop Eólicos Xurés Celanova denuncia a emerxencia de empresas "pantalla" que operan no que podería ser o comezo dunha nova fase especulativa da avalancha eólica.
  comenta   0
O presidente da Xunta insiste na importancia de apoiar a Fernández Mañueco para "acabar coa inestabilidade" e coa "crise" do Estado.
  comenta   0
O vicepresidente, José María García Leira, pide unha subvención de 100.000 euros "a fondo perdido" para iniciar a actividade dun organismo que leva 10 anos sin actividade e no que participan empresarios como Villar Mir.
  comenta   0
ButacaZero prepara un novo espectáculo sobre a figura do ex presidente da Xunta. A obra estrearase no 2023, após unha fase de investigación a través de entrevistas que se desenvolverá durante 2022.
  comenta   0
O Eixo Atlántico xa anunciou que pedirá explicacións ao Ministerio de Transportes. Xoán Vázquez Mao, o seu secretario xeral, arrefría as celebracións pola chegada do AVE, que “non pode camuflar a falta dun transporte de proximidade en Galicia”. Tamén desbota a posibilidade de conectar Galicia con Portugal mediante a Alta Velocidade: “un Alvia sería máis rendible”.
  comenta   1
O xornalista Fran Balado desvela en 'El viaje de Feijóo' que o presidente da Xunta, que puido ser vicepresidente do Goberno estatal, non compartiu os tempos do congreso e que pensou en Pons como o seu 'número dous'.
  comenta   2
Anécdotas, recordos de diálogo e chamadas á concordia: o Parlamento lembra o inicio do "soño" autonómico con Camilo Nogueira, Xerardo Estévez, Víctor Vázquez Portomeñe e Mariano Rajoy.
  comenta   0
O adeus á política activa do ex conselleiro Jesús Vázquez é o último episodio dunha longa lista de altos cargos de Feijóo “sacrificados” para tentar apaciguar liortas internas do PP, ou para tentar gañar cidades, que non saíron ben. Son “ordes” do presidente ás que ninguén pode dicir que non. El os nomea para a Xunta e el os retira.
  comenta   6
Cada certo tempo, a situación política e social na que vive Cuba ocupa lugares destacados no mundo mediático do Estado español. Nesta última ocasión, o motivo da aparición foron as protestas rexistradas nalgunhas cidades e vilas da illa caribeña por mor das dificultades que atravesa un amplo sector da poboación para conseguir os bens e servizos que precisa para facer fronte aos efectos derivados da pandemia do coronavirus.
  comenta   0
O presidente do PP percorerrá o tramo final da ruta Xacobea, que Almeida deixará para agosto.
  comenta   0
En 1992, a Xunta de Fraga elaborou o Plan Forestal de Galicia desatentendo as demandas da Federación Ecoloxista. Un departamento da Xunta de Galicia recolle agora esas peticións para reformar o plan, pero todo está no aire.
  comenta   1
O BNG acusa ao Goberno galego de exercer un "férreo control" sobre a liña do medio, mentres que PSdeG afea que a demora da Lei de Medios Públicos e o PP destaca os índices de audiencia.
  comenta   0
Tras a súa comparecencia en comisión, o pleno do Parlamento de Galicia deberá aprobar a súa designación por maioría cualificada de dous terzos.
  comenta   0
As empresas eólicas de Galicia sérvense de lexislación impulsada polo PP para expropiar os donos de terras que se resisten a cedelas. O resultado é unha negociación “viciada dende o comezo”, segundo asociacións do sector, e que se apoia nunha lei "improvisada" polos franquistas en 1939.
  comenta   3
Os relatorios incidirán no modelo de baixada de impostos e, en clave interna, apostarán por aumentar as vías de participación no partido
  comenta   0
O sector dise "ilusionado" ante a proba piloto do sábado 19, que podería dar comezo á tempada de festas logo de moitos meses sen ingresos.
  comenta   0