Familiares e amigos de José Couso concéntranse fronte a embaixada de EEUU para esixir que se reabra o caso

O colectivo pide aos partidos políticos que 'tomben' a reforma de 2014 da Lei de Xustiza Universal que levou a cabo o PP.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 07/04/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Amigos, familiares e compañeiros do cámara galego José Couso, asasinado as tropas estadounidenses en Bagdad o 8 de abril de 2003, concentráronse este domingo 7 de abril fronte á embaixada de Estados Unidos en Madrid.

José Couso.
José Couso.

O colectivo pide aos partidos políticos que 'tomben' a reforma de 2014 da Lei de Xustiza Universal que levou a cabo o PP e que levou o arquivo do caso da súa morte, así como "varios procesos máis por xenocidio, asasinato ou torturas".

Os familiares presentaron un recurso ante o Tribunal Supremo, que confirmou o peche da investigación, polo que presentaron un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional en febreiro de 2017, alegando inconstitucionalidade da reforma e vulneración da Convención de Xenebra. Este recurso está aínda pendente de resolución.

A finais de 2018 a familia Couso Permuy reuniuse cos grupos parlamentarios para abordar o futuro da investigación, despois de que ERC presentase unha proposición de lei destinada a revisar as reformas aprobadas polos gobernos do PSOE e o PP, que limitaron a aplicación en España da xurisdición universal.

Os grupos parlamentarios anunciaron entón un acordo para desbloquear a revisión da lei de Xustiza Universal, co PP aberto a "corrixir" a súa reforma. A tres semanas das eleccións xerais, os familiares de José Couso esixen que se retome aquel consenso parlamentario para tombar a reforma 'exprés' do PP.

Sobre un escenario, Sabela Couso reclamou "xustiza" e non "vinganza" para o seu irmán José, pero tamén "para o millón de vítimas da invasión ilegal de Iraq", para así "acougar a dor".

E preguntouse por que quen fixeron un "galimatías" xurídico hai uns anos "cospen sobre a verdade". "Seguimos vendo que desde os poderes do Estado se traballa por torpedear a xustiza universal", criticou.

ASASINOS

"Buscamos poder xulgar os militares americanos, a quen acusamos de ser asasinos do meu irmán José", sentenciou Sabela, quen pide "sentar un precedente para respectar a xustiza universal e a protección a informadores".

Neste sentido, destacou o labor dos xornalistas e profesionais da comunicación e información, quen se encargan, ao seu xuízo, de dar a coñecer "as atrocidades" que se cometen no mundo, como é o caso da guerra de Vietnam, as tramas de corrupción ou as denuncias por vincular o narcotráfico co Estado. "A loita de Couso non é unha causa exclusiva de xornalistas, é a causa que supón defender o dereito que temos todos dunha información veraz", esixiu.

"Necesitamos que os gobernantes se sitúen por enriba de intereses militares e políticos e se sitúen de lado dos seus compatriotas", pediu, así como "traballar pola recuperación da xurisdición universal" para obter "xustiza, verdade e reparación".

No acto tamén estivo Maribel Permuy, nai de José Couso, quen lembrou os "días interminables" que viviu desde que se decatou da morte do seu fillo.

E sinalou que José foi "asasinado" porque trataba, coa súa cámara, de demostrar ao mundo a "crueza dun masacre". "Era unha mirada incómoda, unha denuncia, un testemuño vivo", relatou, pois morreu porque un proxectil estadounidense que atacou o hotel onde se aloxaba tratou de "calar as bocas da prensa libre e independente".

"Estamos a pelexar para que o ataque contra a prensa non sexa un efecto colateral da guerra", lembrou Maribel, así como para que os culpables da súa morte sexan xulgados por un tribunal imparcial. "Só quédanos vencer, porque a loita vai seguir continuando", concluíu a nai de Couso a súa intervención, que estivo arroupada ao berro de 'José Couso, crime de guerra'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta