Así se defendeu José Enrique Abuín Gey, o Chicle

O rianxeiro estivo tranquilo no xuízo que hai contra el polo intento de secuestro dunha moza en Boiro. O seu aspecto é moi diferente ao que tiña cando foi detido.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/04/2019 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

José Enrique Abuín Gey, alias O Cliche, volveu sentar fronte a un xuíz este mércores. Foi para dar conta do intento de secuestro dunha moza en Boiro, unha vista na que a clave foi unha gravación de audio da agresión remitida pola vítima a un amigo, na que 'O Chicle' non recoñeceu a súa voz pero que foi clave no seu momento para vincular os dous casos e levar á súa detención e posterior localización do cadáver de Diana Quer.

O Chicle di que 'forcejeó' coa moza de Boiro 'só' para roubarlle o móbil e non tentou metela no seu coche. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O Chicle di que 'forcejeó' coa moza de Boiro 'só' para roubarlle o móbil e non tentou metela no seu coche. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Tras a súa detención en decembro de 2017, a súa imaxe cambiou. Abuín Gey deixou crecer barba, adelgazou e a súa figura xa non é a do home deportista de hai dous ano. Compareceu no xuízo negando ter nada que ver co rapto da moza de Boiro e o argumento esgrimido foi o mesmo que deu cando o relacionaron con Diana Quer; saíra a roubar gasóleo cando se topou de forma casual coa súa vítima.

Rodeado dunha gran expectación, 'O Chicle' sentouse este mércores no banco dos acusados para responder o intento de rapto dunha nova ocorrido o día de Nadal de 2017 e que, con posterioridade, levou á resolución do caso Diana Quer.

De feito, á vista acudiu o pai da moza madrileña, Juan Carlos Quer, que acompañou á nai da vítima á entrada e á saída e, durante a vista, mantivo a vista fixa no único acusado do asasinato da súa filla.

TRANQUILO

A primeira sesión deste xuízo comezaba en Fontiñas con máis de media hora de atraso coa declaración do único acusado, Enrique Abuín, que compareceu tranquilo ante o tribunal e contestou a todas as preguntas.

Así, O Chicle dixo que se atopaba ese día na localidade porque fora ata alí para roubar gasóleo, algo que, explicou, non logrou. Por iso, cando regresaba ao seu vehículo, topouse coa moza denunciante "de fronte" e, "como necesitaba diñeiro", pediulle "o móbil". "Só foi iso, nada máis. Forcexeamos e non me quixo dar o móbil, pero non lembro nada máis", dixo ante o tribunal, sostendo que todo foi unicamente un roubo.

Con todo, tanto a vítima como os dous mozos que acudiron na súa axuda ao ouvir os berros situaron a Abuín Gey e o forcexeo xunto ao vehículo do acusado, que tiña, ademais, o maleteiro aberto.

Así, a nova, que declarou tras un biombo para preservar a súa identidade, contou que, tras interceptala nunha rúa de Boiro, 'O Chicle' ameazouna cun coitelo e empuxouna "para metela á forza no maleteiro do seu vehículo. "Díxenme: tenta saír de aquí, porque como peche o maleteiro, non saes máis", contou ante o tribunal, visiblemente nerviosa.

O forcexeo foi escoitado por dous mozos que se atopaban na zona, e que este mércores tamén declararon que, tras ouvir "berros", atopáronse a ambos nas inmediacións dun vehículo gris --o do acusado--, que tiña o maleteiro aberto. Os dous explicaron que semellaba unha agresión e que a novo lles manifestou que tentaran secuestrala.

UN AUDIO DE WHATSAPP

Un punto crave neste xuízo foi a reprodución reiterada dun audio gravado pola propia moza e remitido a través do programa Whatsapp a un amigo durante a agresión.

Nela escóitase a ela, visiblemente nerviosa e asustada, pedindo numerosas veces ao agresor que "por favor" non lle faga dano e ao home reclamándolle que lle entregue o seu móbil e entre no vehículo. A moza ofrécese entón a darlle diñeiro, algo que rexeita o seu interlocutor, que a ameaza: "Se berras, córtoche".

Neste caso concreto, Abuín Gey está acusado o Ministerio Público dun delito de detención ilegal ou, alternativamente, un delito consumado de coaccións, así como dun intento de agresión sexual, un roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa, un delito de ameazas e outro de lesións. A Fiscalía solicita que sexa condenado a 15 anos e dez meses de cárcere.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

O mesmo día desta vista, en Madrid, o xuiz que investiga a morte de María José Carrasco, a enferma terminal á que o seu home marido axudou a morrer, decidiu trasladar o caso a un xulgado de violencia contra aa muller... O de marchar de Hejpaña xa é unha cuestión de racionalidade.