Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 11:38
A Coruña acollerá o primeiro festival REC Fest, que xorde como un "novo encontro" que "revive a liturxia do rock" coa aspiración de converterse nunha "referencia a nivel estatal para os amantes da música de guitarras máis cañeira".
Así se presenta un evento que se celebrará o 23 de novembro no Coliseum da Coruña, a partir das 19,00 horas, cun cartel ecléctico que ofrecerá seis horas de música que se moverá desde o punk, o rock clásico, o metal ou o hardcore ata o ska ou os ritmos urbanos.
No cartel da súa primeira edición figuran Ska-P, Dakidarría, A Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre. As entradas do REC Fest estarán dispoñibles a partir do próximo luns 15 de abril a través das plataformas 'en liña' Ticketea e Ataquilla e, fisicamente, no Quiosco da praza de Ourense da Coruña, a partir de 28 euros.
Ska-P é un dos principais reclamos do cartel. A banda nada no ano 1993 céntrase no ska punk e realizará na Coruña un repaso aos grandes temas da súa carreira, ademais de presentar o seu novo e oitavo álbum de estudo, 'Game Over', publicado en setembro do pasado ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.