Feijóo recoñece que a postura de Casado está influíndo nas súas decisións ao fronte da Xunta

Di que se o camiño é ir cara a un estado descentralizado, Galicia pedirá as mesmas competencias que Cataluña e Euskadi. Pero ao mesmo tempo tamén mantén que este non é o seu modelo, senón o de Sánchez, que camiña a apuntalar “novas nacións”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tivo que recoñecer que as posicións políticas e electorais do seu líder en Madrid, Pablo Casado, claramente viradas á dereita para contentar a posibles votantes de Vox, están influindo nas súas decisións ao fronte da Xunta, entre elas, a reclamación de novas competencias a Galicia.

Pablo Casado con Feijóo
Pablo Casado con Feijóo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Precisamente, esta semana, Casado daba por fechado o debate sobre a tranferencia de novas competencias ás autonomías para apuntalar e reforzar o Estado como unidade territorial. Un anuncio que moitos viron como unha “recentralización” do Estado, pero que Feijóo quixo aclarar que non é tal, senón de evitar o desmantelamento do mesmo coas cesións a independentistas e nacionalistas.

Curiosamente, hai tan só dous meses o presidente galego repetía que el quere para Galicia as mesmas competencias que lle están pedindo Cataluña e Euskadi a Pedro Sánchez. Pero tras o anuncio do seu líder, tivo que recuar. “Se é para consolidar o estado das autonomias si estou de acordo pero non para configurar novos estados nación”, dixo en relación as peticións de cataláns.

"TRASPASO E NON TRANSFERENCIA"

Por iso, recoñeceu que, agora, toca “conxelar” o traspaso competencial, que é o que pide Casado. Unha conxelación de competencias da que sacou á AP-9 –ata tres veces demandada pola Cámara galega-- porque iso é un “traspaso dunha infraestrutura básica”, dixo, “non unha transferencia”.

O certo é que o equilibrio lingüístico do presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta foi case circense. “Entón xa non está dacordo con ter as mesmas competencias que Cataluña e Euscadi como defendeu varias veces hai só dous meses?”, preguntoulle este medio. “Se todos imos a un estado descentralizado pois entón si me apunto”, dixo en alusión a un goberno de Pedro Sánchez.

Pero agora non se pode apuntalar novos estados nación”, dixo asumindo os novos postulados de Casado. “Nos últimos anos xa dixen que non me parecía procedente novas transferencias pola deslealdade de Catlauña e oposicionamento de Bildu que intoxican as relacións entre Euskadi e España e por iso non é mala idea conxelar as transferencias”, contestou.

Con todo, o seu discurso flouxeu varias veces porque, aínda que se amosou disposto a pedir o transpaso das competencias do litoral para evitar “o actual caos urbanístico”, aclarou que agora xa non é o momento. Un  momento que impuxo o seu líder en Madrid, Pablo Casado. Por iso, Feijóo fala agora de transferencia de competencias, senón de “traspaso de infraestruturas”, cando se refire á AP-9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 urco

Nom precisa esperar. Já pode pedir as mesmas competências que tenhem no País Basco e Catalunha. Cínico é-o a esgalha, o frijol.

3 Nobita

Evidentemente, o narcopresidente xa esta a mirar unha vivenda en Madrid á espera do colosal afuciñe do Casado. Nunca fixo outra cousa que méritos para que o PP o poña de presidente porque para el Galiza é... nada.

2 Caras

Ala, colle a feijoneta e a mangueira e vai regar a cinza dos lumes

1 José

A constitución española do 78 xa expresa a existencia de nacionalidades, eufemismo de nacións. Iso de "apuntalar novas nacións" é outra das mentiras deste señor.