UGT e CC.OO. chaman os galegos a mobilizarse nas eleccións e o 1 de maio, porque Galicia "se xoga moito"

Porán sobre a mesa ese día o seu decálogo "imprescindible" de reivindicacións, coa manifestación central na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/04/2019 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

UGT e CC.OO. advirten de que Galicia "se xoga moito" este domingo 28 de abril nas eleccións xerais, en cuestións como a crise que afecta a varias industrias e empresas no país, polo que chamaron a mobilizarse tanto ese día como o vindeiro mércores, Primeiro de Maio, día internacional dos traballadores.

28A.- UXT E CC.OO. Advirten De Que Galicia 'Se Xoga Moito' E Chaman Aos Traballadores A Mobilizarse O 1 De Maio
28A.- UXT E CC.OO. Advirten De Que Galicia 'Se Xoga Moito' E Chaman Aos Traballadores A Mobilizarse O 1 De Maio | Fonte: Europa Press

Ese día, ambos os sindicatos porán sobre a mesa o seu decálogo "imprescindible" de reivindicacións, con varias manifestacións, das cales a central será a que parta ás 12,00 horas da praza da Palloza na Coruña.

O secretario xeral de UGT, José Antonio Gómez, destacou que a cidadanía "debe saír masivamente á rúa para comezar a deixar ben claro ás opcións que saian gañadoras das urnas que chegou o momento de que se garanta emprego de calidade e a derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012 que tanto dano causaron".

"Sexan cales sexan os resultados, nós neste Primeiro de Maio e ao novo Goberno así como ao da Xunta ímoslle reclamar máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión", subliñou.

Neste sentido, incidiu en que "xa chegou o momento de situar as persoas á cabeza de todo". "Foron moitos anos de crises nos que os traballadores deste país foron as grandes vítimas dunha situación que non xeraron, con recortes e perda continua de dereitos", engadiu.

Xunto a el, o seu homólogo de CC.OO., Ramón Sarmiento, avogou por dar "unha resposta contundente" este 28 de abril, para que "non haxa outra alternativa de goberno que non sexa a das forzas políticas comprometida coa esquerda" e coas demandas sindicais.

"Queremos escribir nós a historia e facer que pase", expuxo, sobre se avalarían un pacto entre PSOE e Ciudadanos.

Así mesmo, apuntou ás próximas citas electorais, coas municipais e europeas de 26 de maio, e advertiu de que nestas últimas o que está en debate é "o modelo de Estado de benestar que ten Europa".

Ante retos como o da descarbonización, pola súa banda, resaltou que é "unha oportunidade" e que aposta por situar a Galicia no "liderado da transformación". Ademais, sobre a crise de Alcoa, Isowat e Ence, apelou á Xunta, porque "ten algo máis que dicir que queixarse".

'PRIMEIRO AS PERSOAS'

As manifestacións conxuntas de UGT e CC.OO., un ano máis por separado da central nacionalista CIG, están convocadas na Coruña (será a central), Ferrol, Santiago, Burela, Ourense, Vilagarcía e Pontevedra para as 12,00 horas do próximo mércores, 1 de maio.

Mentres, a marcha sairá un pouco antes, ás 11,30 horas en Vigo, un cuarto de horas despois (11,45 horas) en Viveiro e ás 12,30 horas en Lugo.

O manifesto, baixo a lema 'Primeiro as persoas', esixe emprego "de calidade" e derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012, tamén a das pensións de 2013, "mellora" dos dereitos dos autónomos, un plan contra a explotación laboral e o tráfico de seres humanos e o establecemento de 1.000 euros ao mes como salario mínimo interprofesional para 2020, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fer

Galiza xógase moito! Que celulosas sigan contaminando a ría de Pontevedra, envenenando aguas e xentes, e inzando de eucaliptos os nosos montes, como quere o sindicato familiar da cuneira Yolanda Díaz, que pretende ser deputada paracaidista por unha provincia onde lle buscaron colocación á de Ferrol como vividora! Vivir da política ou do sindicato é corrupción maior! E dar leccións de honestidade, por parte do Partido Podre ou de CC.OO. ou da patronal UGT (os caciques do PP fanlles as listas), ten a mesma credibilidade.

1 patético

Home, eu me pregunto qué teñen feito estes mendas para parar a corrupción e visto a experiencia millor calo.... manda cara llo con este tíos... poltronas eso é que hai...