A RAG e PuntoGal premian nove microrrelatos entre case 500 propostas

O xurado recoñeceu como gañadores nove textos de autoras e autores de todas as idades.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/04/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal premiaron nove microrrelatos de autoras e autores de todas as idades entre case 500 propostas. Jessica Rodríguez Sánchez, veciña de Mesía, o coruñés Óscar Fernández Freire e a compostelá Claudia Martínez Asenjo fixéronse cos primeiros premios nas modalidades de adulto, xuvenil e infantil, respectivamente.

O xurado tamén recoñeceu os textos de Alba Díaz Mera (Narón), Pablo Mirás (Tui), Martina Lois Cuns (Santiago de Compostela), Cristina Fojo (A Coruña), Ángela Arnosa (San Sadurniño) e Eduardo Cameselle (Vigo).

Trátase do segundo concurso de microrrelatos convocado pola RAG e PuntoGal. O fallo deuse a coñecer tras a reunión este martes do xurado, que escolleu entre case 500 propostas recibidas xunto a outros seis microrrelatos distinguidos con segundos e terceiros premios.

Deseño de Reizentolo para o puntoGAL
Deseño de Reizentolo para o puntoGAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta