En Marea, BNG e CxG contarán con papeletas propias nas eleccións europeas

O PP sitúa ao galego Millán Mon de oito, o PSOE ao lalinense Nicolás González Casares, como nove e a senadora Vanessa Angustia irá de 10 con Unidas Podemos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/04/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Galicia contará nas próximas eleccións europeas, que coinciden coas municipais o próximo 26 de maio, con tres 'papeletas' propias, a pesar de que a circunscrición para estes comicios é de ámbito estatal. Con todo, a lei electoral permite que por territorios haxa lista diferenciada á hora de depositala nas urnas, fórmula que usará en Marea (Compromiso por Europa), o BNG (na candidatura Agora Repúblicas), Compromiso por Galicia (Coalición por unha Europa Solidaria).

Os que non apostan por territorializar a lista, neste caso, son os socios da coalición de Unidas Podemos-Cambiar Europa que, no entanto, sitúa á galega e senadora na pasada lexislatura por Pontevedra, Vanessa Angustia, como número dez da lista. A aspirante ao Parlamento Europeo tamén encabeza a candidatura ao Senado de En Común-Unidas Podemos nas eleccións xerais do 28 de abril.

Así as cousas, a lista de En Marea en Galicia (que se asinou con Compromís, Nueva Canarias, Mès per Mallorca e Chunta Aragonesista, entre outras formacións), encabézaa Lídia Senra, que será a número dous da candidatura na circunscrición estatal. Da formación que lidera Luís Villares tamén concorren Sandra Pesqueira (no número 15 da lista xeral) e Xoán Hermida (no posto 28), Celsa Ogando (no 36) e Davide Rodríguez (no posto 43), entre outros.

Pola súa banda, a lista do BNG --que pactou con Esquerra de Catalunya e Bildu, entre outras formacións como Agora Canarias ou Esquerra Republicana do País Valencià), lidéraa Ana Miranda, que concorre como número cinco na candidatura da circunscrición estatal. O seguinte posto para a formación nacionalista na lista que encabeza Oriol Junqueras é para Ana Bringas, que ocupa o número dez; seguida de forma simbólica polo exconselleiro co bipartito Alfredo Suárez Canal, como número 12 da lista.

NOMES SIGNIFICATIVOS

Na candidatura do Bloque tamén aparecen outros nomes significativos do nacionalismo, como a que foi deputada por Pontevedra no Congreso Olaia Fernández Davila, e o histórico e exeurodiputado Camilo Nogueira, que pecha tamén de forma simbólica a papeleta galega da coalición Agora Repúblicas.

Pola súa banda, Compromiso por Galicia, que concorrerá co PNV, sitúa ao seu líder, Juan Carlos Piñeiro Docampo, como cabeza de lista na papeleta galega. Na lista da circunscrición estatal, ocupa o posto número tres.

No conxunto do Estado poderase elixir entre 39 listas. Ademais das mencionadas, o PP situou ao galego Francisco Millán Mon como número oito na súa lista; mentres que o PSOE colocou como número nove ao lalinense Nicolás González Casares.

Votación nas europeas
Votación nas europeas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta