En Común chama aos mozos que levan "esperando desde o 15M" a "ser a xeración do cambio"

O brazo de Unidas Podemos en Galicia pechou a campaña na Coruña, onde asegurou que "o voto útil" para "deter as dereitas" é a esta coalición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 22:37

Comparte esta noticia

En Común-Unidas Podemos chamou este venres aos mozos galegos a ser decisivos nas eleccións do domingo. "Levades esperando desde o 15M a que outras xeracións abran paso ao cambio en Galicia, pero xa está claro que isto se atrasa e só vós podedes tomar a iniciativa para definir o voso futuro", apelou a candidata por Pontevedra Yolanda Díaz.

Peche de campaña de En Común
Peche de campaña de En Común | Fonte: En Común.

No acto de peche de campaña na Coruña, Díaz fixo un chamamento para que "a mocidade tome nas súas mans o seu propio futuro para ser a xeración do cambio en Galicia".

Nesta liña, a cabeza de lista pola Coruña, Antón Gómez-Reino, puxo o foco sobre a necesidade de "mobilizar a todo o mundo". "Nesta campaña crecemos moito e fáisenos curta, cada día notamos máis apoio da xente pola rúa e en cada acto", sostén.

Por iso, Gómez-Reino afirma que o "voto útil" é o de En Común "para resolver os problemas que afectan os mozos", xa que "o PSOE non os vai a arranxar", "sobre todo se o seu plan é facer vicepresidente a Rivera", afirmou.

"Estamos seguros de que imos ser quen de deter as dereitas e levar a voz dos galegos e galegas ao Goberno", clamou o candidato de En Común.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 roade

Podía resultar,pero para iso teriades que abrir unha gardería de adoctrinamiento, e como mestra a ideal sería esa moza de Ferrol.que fai auga en código ético

1 Vervingo

Graciñas por nada, vividores. Desta o meu voto volta a Galiza: BNG. Sodes uns traidores vendidos a Madrid e á moqueta. Nunca Máis!