O BNG só conseguiu 8.000 votos máis que a ultradereita e En Marea, os mesmos que os animalistas de PACMA

Os nacionalistas duplican os votos respecto ás elecciósns de 2016, pero seguen sendo unha forza intranscendente. O proxecto de Luís Villares fracasa e queda nun diminuto 1% dos votos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 23:29

Comparte esta noticia

Como era de agardar, ninguén perdeu nestas eleccións xerais. Todos saíron ao atril como gañadores, malia que os resultados demostran que só houbo un: o PSOE. En Galicia, chama a atención a reacción triunfalista do BNG, malia conseguir tan só uns 8.000 votos máis que o partido ultradereitista Vox.

Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019
Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019 | Fonte: BNG.

Co 95% do voto escrutado, o BNG sumaba 89.088 votos (5,75%) e Vox, 81.362 (5,25%). E os nacionalistas galegos non acadan o obxectivo: conseguir representación no Congreso dos Deputados. Con todo, o Bloque duplica os resultados acadados nas eleccións de 2016, pero segue sendo unha forza residual no país, sen capacidade para convencer a un número suficiente de cidadáns para ser unha forza decisiva.

No marco da coalición do BNG con EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), a formación galega queda nunha situación de absoluta debilidade. O grupo vasco experimentou unha espectacular suba, pasando de 2 a 5 escanos no Congreso, mentres que ERC sitúase como primeira forza en Cataluña e sobe de 9 a 15 deputados. A intranscendencia do Bloque compromete o seu peso nesa coalición que pactou cos nacionalistas vascos e cataláns.

Os resultados destas eleccións tamén evidencian a hecatombe de En Marea, que queda en estado de coma con apenas preto de 17.000 votos e arredor do 1% dos votos en Galicia; fronte aos case 230.000 votos dos seus antigos socios, En Común Unidas-Podemos, que acadou arredor do 14,5% do votos en Galicia.

Tamén chama a atención que En Marea acadou apenas mil votos máis que o partido animalista PACMA, con arredor de 16.000 apoios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 XanKaraLlás

Normal. Xa o dixen eu. O BNG, coa súa tradicional política sectaria, facendo o contrario do que facía Castelao, a quen tanto reivindican en pura esquzofrenia, non fai máis que traballar para a dereita centralista. Agora colle algúns votos máis debido única e exclusivamente á penosa desfeita de En Marea. Representación parlamentaria: CERO, o nacionalismo galego resulta irrelevante e se o comparamos co das outras dúas nacionalidades con idioma propio os galegos ficamos á altura da m... Que outra cousa podía esperarse destes burros que están a dirixir o nacionalismo galego?

1 Tictac

A unidas-podemos tócalles para a próxima. No estado levan un batacazo brutal, superados por Cs e a metade de deputados que tiñan... E Galicia é o que é... Non se pode pedir máis... Dentro de 30 anos, quizá antes, unha provinciña irrelevante como pode ser Asturias ou La Rioja. Pero por aquí é o que lles gusta a moitos.

1 Gamela

a provincia da UPG eso é precisamente no que converteron Galicia os Bautista Álvarez e Paco Rodríguez teimando sectariamente ao longo de 50 anos !!! Esa sí que é un PROVINCIA MENTAL de carallo!