Feijóo vincula a Vox coa Falange e insiste en que el nunca se pronunciou a favor dun pacto coa ultradereita

O presidente da Xunta amosase moi crítico coa formación de Abascal á que responsabiliza da brutal caída de votos do PP e de “ser o mellor aliado” de Pedro Sánchez. Con todo, recoñece que a estratexia popular foi errada e pide volver convencer aos votantes de “centro, liberais e de dereitas”.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

“Amigos de Sánchez”, ou amigos da “Falange”. Con estas dúas terminoloxías tan opostas referiuse este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Vox, tras a debacle de votos do PP nas pasadas eleccións Xerais. E é que líder dos populares galegos responsabilizou directamente a Vox desta situación por “dividir” o voto da dereita e ser un “aliado” na estratexia de Pedro Sánchez.

Casado xustifica a renovación nas listas do PP e chama á unidade  CARLOS MÁRQUEZ - EUROPA PRESS
Casado xustifica a renovación nas listas do PP e chama á unidade CARLOS MÁRQUEZ - EUROPA PRESS

Sen tentar botar fóra as responsabilidades do PP na estratexia electoral, Feijóo foi máis incisivo nas súas críticas á formación de ultradereita, especialmente, no escenario galego. Así, lembrou que os 85.000 votos de Vox serviron para que o PP perdera catro escanos e pasara a ser a segunda forza máis votada, detrás do PSOE.

Abascal foi o gran aliado do PSOE que pretendía dividir á dereita e conseguiuno”, insistiu Feijóo. Unha estratexia que, curiosamente, tamén fixo o PP de Rajoy con Podemos nas eleccións de 2015. Por iso, realizou un chamamento aos votantes tradicionais do PPdeG para que non volvan confiar en Vox porque, insistiu, “estarían dándolle os seus votos ao PSOE”.

“Entón iso significa que non pactará con Vox nas municipais se o PP pode gobernar nalgún concello?”, preguntoulle GC. “Diso xa falaremos”, respondeu. “Pero vai pactar ou non?”... “Xa lle dixen que xa falaremos”. “Pero é tan doado como dicir si ou non”. “Polo momento, o único que non fixo ningún pronunciamento a favor dun pacto con Vox fun eu. Eu non sei o que dixeron outros candidatos, haberá que preguntarlle a eles, pero eu nunca me pronunciei”, foi a súa resposta.

CIUDADANOS

Foi tal a insistencia en responsabilizar a Vox da debacle do PP que houbo quen lle preguntou se a fuga de votos a Ciudadanos non inluira tamén nesa avultada derrota nas eleccións do pasado domingo.  “Si, tamén hai migración de votos. E iso é que non fixemos fincapé en que somos un partido de centro”, xustificouse.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

Por iso, tamén recoñeceu que o PP cometeu "un erro de estratexia" e de "posicionamento político" durante a campaña. "Polo feito de que un partido como Vox iniciaba o seu percorrido electoral, cambiamos as estratexias e deixamos de ser quen somos", engadiu.

ESTRATEXIA

Durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo, o tamén líder da Xunta advertiu que a formación "non fixo fincapé fundamental" en que é "un partido amplo". "Somos o partido do centro e a dereita en España, pero se soamente somos o partido da dereita deixamos de ser o partido do centro. E por aí entraron os centenares de miles de votos de CS. Insisto, creo que a nosa estratexia non foi a máis correcta", asegurou.

Ademais, o líder galego saíu en defensa da herdanza de Rajoy. Preguntado sobre as declaracións deste xoves da expresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, quen relacionou a caída histórica dos populares o pasado domingo coa etapa de Mariano Rajoy, Feijóo tachou de "desproporcionado" vincular a derrota de Casado a "un equipo que sacou o dobre de escanos que o actual" nos comicios de 2016. “Nin o peor resultado do PP de Rajoy se pode comparar co mellor acadado por Pedro Sánchez”, insistiu.

Por iso, e ante a nova campaña electoral das municipais, insistiu en volver a mensaxe orixinal do PP, a dun partido “amplo” que é o partido “de centro, dos liberais e da dereita”. “Un partido no que collen todos”, dixo. Por iso, non viu mal que haxa candidatos, como Albiol, que defendan unha campaña máis persoal e menos de partido. “Eu non o vexo mal. Nas municipais, os actores, as estratexias e os candidatos son distintos a das xerais”, suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Boura

Pero ben que foi a Madrid á manifa, ou non? Hipocresía típica dun narcopresidente que renega do seu amigo entrañable da ría... Morre por Madrid (e os seus recortes matan a/en Galiza).

1 De Galicia

Se nota nerviosete al amigo de Marcial Dourado. Por fin, piensa, voy a ver realizado mi sueño de irme a Madrí por aclamación, en cuanto me cepillé a Pablito Casado.