Agredida a nai readmitida en Autobuses de Calo

Nélida Pisco foi despedida tras quedarse embarazada. Gañou o preito e volveu a traballar, pero agora denuncia agresións físicas e laborais.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/01/2012 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

A CIG denuncia que o encargado de Autobuses de Calo agrediu fisicamente a Nélida Pisco na nave da empresa o pasado mércores. A traballadora tivo que ser atendida no centro de saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións.

Nélida Pisco é condutora de autobuses e foi depedida do seu posto de traballo da empresa de transporte Autobuses de Calo despois da maternidade. A continuación sufriu  un calvario xudicial de varios até que logrou que o despedimento fose declarado nulo. Grazas a loita polos seus dereitos laborais recebeu o premio 8 de marzo da secretaría da muller da CIG o ano pasado e reincoporouse á empresa de transporte da comarca de Compostela. Velaquí un resume en vídeo da súa historia:

Tras a agresión física denunciada, a central asegura que "Hedegasa está dando cobertura a un acoso laboral e agora tamén físico porque non se lle perdoa á traballadora ter defendido o seu dereito a ser nai e traballadora".  Este martes terá lugar nos xulgados de Fontiñas un xuízo rápido pola vía penal.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 tino

Já começa a nova xeira PPaifoca (pós-Fraga): os empresariuchos com m*rda na cabeça enchem o peito pensando que som os donos do mundo no que habitam seres que há que escravizar

2 cachamuiña

E a CIG que ten pensado facer?

1 Galeguista

Ese fulano que lle pegou a unha muller habería que ir a buscalo e sacalo a ostias dalí. Estou destes nacional fascistas españois até as mesmísimas pelotas. Non so presumen de ignorancia senón que agora adícanse a pegarlle ás mulleres. A violencia xera violencia e hai moitos aos que xa se nos están inchando de máis as pelotas....

1 Santiago

Talvez o que lle pegou é tan galego coma calquera outro, mellor non mesturar conceptos

2 anacondo

Concordo contigo Santiago. A brutemia é moi nosa... debémoslle as mulleres e debémonos a nós mesmos un respeito que non existe aquí, na nosa terra.