O candidato do PP en Ferrol aposta por substituír o lastro das rúas da Magdalena e Ferrol Vello por formigón

Rey Valrea declara que en Ferrol hai que "sortear as fochancas co coche ou andando é a primeira odisea que libran os ferroláns, a segunda buscar aparcadoiro no centro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, apostou por "ir substituíndo de maneira progresiva" o lastro naquelas rúas dos barrios da Magdalena e Ferrol Vello que conta con circulación de vehículos por unha capa de rodaxe de formigón.

O popular denunciou que agora teñen "un Ferrol con máis fochancas" e onde asegurou que o goberno local de Jorge Suárez "ten o triste logro de cuatriplicar o número de fochancas na cidade, onde o centro de Ferrol foi vítima tamén deste abandono", lamentouse.

O presidente do PP de Ferrol destacou que "as rúas de tráfico rodado nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello sufriron unha grave deterioración debida á falta de mantemento en catro anos". Incidiu en que "sortear as fochancas co coche ou andando é a primeira odisea que libran os ferroláns, a segunda buscar aparcadoiro no centro".

EXEMPLOS

En contra da situación actual das rúas de Ferrol, Rei Varela lembrou que durante o mandato 2011-2015, cando el foi alcalde, "efectuouse a renovación da rúa do Sol". "Quitamos o lastro e substituímolo por formigón, permitindo que os vehículos tivesen unha entrada decente e digna ao noso centro histórico", sinalou.

Nesta liña, manifestou que "catro anos despois, a rúa do Sol segue igual que o primeiro día, sen unha soa fochanca e en bo estado, grazas ao esforzo e traballo do anterior goberno". É por iso que Rey Varela apostou por "este modelo" que pretenden "implantar progresivamente en todas as rúas de tráfico rodado dos barrios da Magdalena e Ferrol Vello" e que, para o seu entender, "suporá un importante aforro económico para as arcas municipais e facilitará a mobilidade e o tráfico rodado".

VÍDEO DE CIDADÁNS

A preguntas dos medios de comunicación, Rey Varela rexeitou valorar o vídeo de precampaña que presentou o candidato de Ciudadanos á Alcaldía de Ferrol, Alejandro Langtry, que foi edil do PP ata marzo do 2018, e no que se autocalifica como de "cambia chaquetas".

O popular volveu a manterse firme nas súas formulacións. "Eu non vou valorar o que din outros candidatos ou como se definen algúns, eu penso que cada un ten a súa maneira de facer publicidade, pero os ferroláns o que nos están demandando é que deixemos os enfrontamentos permanentes e que nos centremos nas solucións para Ferrol, xa que iso é o máis importante", sostivo. Nesta liña, incidiu en que "esta cidade non merece perder máis enerxía en cualificar a outros candidatos".

FERROL
FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta