A Coruña retira o título de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga

BNG, PSOE e Marea Atlántica apoian a moción, que ademais revoga o título concedido a Laureano López Rodó, tamén ministro franquista.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/05/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña aprobou, cos votos a favor do BNG, PSOE e Marea Atlántica, unha moción, presentada polo grupo nacionalista, que insta a revogar o título de 'Fillo Adoptivo' da cidade a Manuel Fraga e a Laureano López Rodó, concedidas durante a súa etapa como ministros da ditadura.

Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.
Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.

No texto da moción, finalmente aprobada, o pleno da Coruña manifesta a súa decisión de retirar a Manuel Fraga a distinción, concedida o 24 de decembro de 1968, e tamén a Laureano López Rodó, concedida neste caso o 15 de maio de 1972.

Ademais, o pleno reitera o apoio á actividade daquelas comisións ou grupos de traballo que se impulsen desde o concello herculino para culminar a retirada da simboloxía franquista e a eliminación das distincións honoríficas outorgadas durante a ditadura a persoas vinculadas co franquismo.

Mentres que desde o PP se cualificou de "provocación sectaria" a moción, anunciando o voto en contra, os demais grupos mostraron o seu apoio. Respecto diso, a portavoz socialista, Yoya Neira, diferenciou entre o Manuel Fraga do período "predemocrático" e a súa posterior etapa como presidente da Xunta.

Pola súa banda, o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, apoiou a moción argumentando que as distincións concedidas a ambos durante a súa etapa como ministros da ditadura non supoñen unha "honra" para a cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 PVNRT

Permítanme, queridos amigos, que dé un ejemplo de incoherencia del PP. Si este partido es devoto de la memoria histórica como lo ponen de manifiesto varias declaraciones e iniciativas parlamentarias en el Hórreo, o la persecución contra los Franco por Meirás o las estatuas; si en la defensa de la memoria histórica destacan Feijoo, Román Rodríguez, el Dr. Santalices, el Dr. Núñez Centeno, con muchos etc.; si para los devotos de la memoria histórica Franco era parangonable a Hitler, pues dicen que también cometió un genocidio, no se entiende que una ciudad tenga de hijo predilecto a Fraga, porque en Alemania sería impensable que una ciudad tuviese de hijo predilecto a Goebbels, ministro de propaganda como Fraga de Información y Turismo. Y esta oposición del PP-Coruña tal vez les pueda costar caro si se demuestra que son negacionistas del delito de genocidio o de lesa humanidad.

4 PVNRT

Me alegro. Fraga fue detestable para La Coruña. Primero cambiándole el nombre oficial, que en gallego iba a ser A Cruña pero pensó que este era muy fuerte para una ciudad en la que no habla gallego ni el Tato y se optó por un artículo en gallego y el nombre en español: A Coruña. Continuando por su apoyo a la capitalidad en Santiago, o a la ley de normalización lingüística que de forma implícita llama anormales a los gallegos que hablan español. No sé cómo los concejales del PP tienen el cuajo cínico de oponerse cuando no lo hacen ni Feijo ni Pedro Puy ni el titular de la Consellería de Cultura que deja como un crack a Pérez Varela, que también es archipartidario de la memoria histórica, de hacerle la guerra a los Franco y que estaría mejor en alguna comilona de marulos o de estrella en Luar. Más bien tendrían que sumarse a la moción en virtud del apoyo de los anteriores a la memoria histórica, a la persecución a la familia Franco, etc.

1 Fora o "ñ" espanholista

A Crunha

3 Pitito

Non é sen tempo!!!!

2 Coruña

Boa iniciativa presentada polo BNG.

1 Durrutiño

Ise é o camiño! Fora franquistas dos nosos concellos e de Galiza. Unión de forzas progresistas e: Galiza primeiro!! Non se pode ser tolerante cos intolerantes!!! Galiza, Galiza, Galiza!