Os galegos, líderes no consumo de tranquilizantes e antidepresivos

Galicia é a comunidade autónoma con maior frecuencia de prescrición médica de tranquilizantes a mulleres e antidepresivos a homes. Os galegos tamén son os que teñen unha peor autopercepción da súa saúde.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A poboación galega é a que máis tranquilizantes consome, o dobre que a media no total de España, segundo un estudo no que tamén se salienta que Galicia é onde máis se prescriben estes fármacos a mulleres e onde máis antidepresivos se receitan a homes.

Depresión
Depresión | Fonte: Harvard Health Publishing.

Os datos analizados mostran que na prescrición de tranquilizantes existe unha variabilidade entre as comunidades autónomas. A media global en España é do 9,2%, destacando coa frecuencia máis alta Galicia, cun global do 20,1%, máis do dobre que o conxunto do Estado.

As mulleres son as que máis consomen este tipo de substancias depresoras do sistema nervioso central, cun 26% en Galicia. De feito, superan en máis do dobre ao homes, nos que a porcentaxe é do 12,6%.

Esta maior frecuencia de prescrición en mulleres observouse en todas as comunidades autónomas, se ben é Galicia onde se atopan as porcentaxes máis altas, mentres que no caso dos homes, os galegos ocupan o segundo posto, por detrás dos asturianos (18,5%).

Na prescrición de antidepresivos tamén se observaron diferenzas entre as comunidades autónomas e entre homes e mulleres. A media de España situouse no 3,6% e as frecuencias máis altas oberváronse en Asturias, cun global 13,2%, elevándose no caso das mulleres 18,5%, ocupando as galegas o segundo posto, por enriba do 15%; mentres que no caso dos homes, os galegos son os que máis consomen estes medicamentos, cun 6,9%.

Con respecto á mala saúde autopercibida, os datos das distintas comunidades autónomas foron tamén similares á media de España (33,6%). Pero o caso de Galicia volve destacar coas frecuencias máis altas, cunha media do 45,7%, sendo nos homes do 40,0% e nas mulleres, do 50,3%, moi por enriba da media estatal.

Os resultados do estudo veñen de ser publicados na revista científica Gaceta Sanitaria por investigadores da Escuela Andaluza de Salud Pública, o Instituto de Investigación Biosanitaria e a Unidad de Prevención, Promoción y Vigilancia de la Salud do Hospital Universitario San Cecilio de Granada, o Centro de Investigación Biomédica en Red de Epidemiología y Salud Pública (CIBERESP) e o Departamento de Salud Pública y Materno-Infantil da Universidad Complutense de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Psicomaniac

Vivir nun país penoso e colonizado é o que ten.

1 JSEU

Gran diagnose. Con este argumento algúns países terían un 99% da poboación tomando tranquilizantes e antidepresivos, supoño. Se estos datos son certos, vale a pena estudar en serio o porque. Non vaia a ser que teñamos un problema de oferta, non tanto de demanda.

1 Un tonto

Ós sicofármacos dañan as mitocondrias das células. A larga epidemia de enfermedades degenerativas. O Millor antidepresivo e facer deporte e deixar de comer basura. No intestino está problema