Avanza a venda de NGB a La Caixa

A pésima imaxe creada polas enormes indemnizacións cobradas polos ex-directivos provoca que Novagalicia Banco perda máis do 4% dos depósitos en só oito meses.

Por Walter Burns | Barcelona | 10/01/2012 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Os datos sobre unha oferta de Caixabank, propiedade de La Caixa, por Novagalicia Banco, da que GC informou en primicia, comezan a acumularse. Hoxe son varios os blogs especializados no sector bancario os que confirman a "boa disposicón" dos cataláns para realizar unha oferta pola entidade galega, nacionalizada en máis do 90% polo Estado para salvala da quebra.

None

De Guindos busca compradores para as caixas nacionalizadas

Ademais, o diario ABC confirma que o ministro de Economía, Luís de Guindos, xa está a falar con bancos e caixas para impulsar unha nova vaga de fusións. Cómpre ter en conta que Mariano Rajoy prometeu que en seis meses completaría a "reordenación" do mercado financeiro, rescatado in extremis polo Estado tras o fiasco do 'boom' do ladrillo.

A cabeceira madrileña cita fontes do Ministerio de Economía para aventurar que das 17 entidades que sobreviven finalmente só resistirán a metade. O resto será engulida en fusións ou, en último caso, malvendida nunha poxa pública.

Unha das vítimas, salvo sorpresa maiúscula, será a entidade galega. Iso si, o presidente de NGB, José María Castellano, ten unha opción preferente sobre o 20% do capital até setembro. Este acordo asinado polo anterior Goberno  podería atrasar a operación até finais de outono, probable data das eleccións autonómicas.

Problemas para captar investidores e conservar clientes

Até daquela, Castellano, o ex-número 2 de Inditex, seguirá intentando captar investidores que permitan a consolidación dunha entidade solvente e galega, como prometeu o presidente da Xunta. A misión de Castellano parece moi complicada en plena recesión. De feito até o de agora captou moito menos capital do compremetido por el mesmo cando se fixo co control de NGB co aplauso de Feijóo. O certo é que o prestixio de bo xestor que din posúe Castellano non é quen de compensar a  mala imaxe pública que arrastra Novagalicia Banco (NGB) polo seu complicado parto.

O escándalo dos cobros dos directivos de Caixanova e Caixa Galicia, xermes de NGB,  provocou que moitos cidadáns retirasen os seus cartos da entidade galega. Segundo datos da CECA, a patronal das caixas, NCG perdeu 1.900 millóns en depósitos dos seus clientes, máis do catro por cento, entre xaneiro e outubro de 2011. Un dato pésimo para que Castellano logre atraer novos investidores privados.

O PP busca un cabeza de turco

Por outra parte, a voceira do Goberno de España culpou onte ao gobernador do Banco de España das enormes indemnizacións que cobraron os directivos que levaron a Caixanova e Caixa Galicia a rentes da quebra antes de deixar a entidade rescatada polo Estado.

En opinión de Soraya Sáenz de Santamaría nunha entrevista na TVG, Miguel Angel Fernández Ordóñez "non estivo nada fino nin nada explícito á hora de cumprir coas súas obrigas na vixilancia dos emolumentos que podían recibir cando se retirasen dos seus postos altos cargos non só das caixas galegas, senón tamén dalgunha outra".

O que non dixo Sáenz é que  militantes do seu partido estaban nos consellos de administración das dúas caixas cando aprobaron os máis de 30 millóns de indemnizacións cobrados polos hoxe retirados Méndez, Gayoso e os seus subordinados. A voceira tampouco dixo que o presidente da Xunta negouse a que o Parlamento de Galicia investigase estas comisións, alegando que podería prexudicar á consolidación da nova entidade.

Miguel Angel Fernández Ordóñez ten seis meses máis garantidos no seu cargo, segundo a lexislación que en teoría garante a independencia do Banco de España respecto ao Goberno. Con todo, das palabras da número 2 de Rajoy dedúcese que será relevado en canto sexa posíbel.

La Caixa ten xa máis de 190 oficinas e 700 empregados en Galicia. A adquisición de NCG serviríalle para consolidar o seu liderado na banca minorista española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

15 Antonio

Ingresei a miña aportación para o novo diario galego Praza Pública, e fíxeno nunha conta que teñen nunha entidade modesta, mais medrando. E o que non temos xa, unha caixa galega: CAIXA RURAL GALEGA.

14 yqe8

Está claro, se queremos ter algún tipo de banca galega, producir calquer cousa, ou simplemente falar o noso idioma, teremos que independizarnos, porque en España levan 500 anos a manternos na miseria máis profunda. Cada día ollo máis para Holanda e Bélxica.

13 BURROS DAS AZORES

O que é casualidade, é que as caixas levan mais de 100 anos, repito, mais de 100 anos, e bastou a orxia do cemento dos PPadres, para esnaquizar todas as caixas. Si en 100 anos non fixo falta nacionalizalas, porque agora si é preciso facelo?. Despois presumen os PPodres de ser bos xestores. En oito anos do "burro das Azores", levouse por diante todas as caixas.

1 Antón

por qué é preciso unha banca pública galega? tes un proxecto innovador? viable? que vai crear riqueza e postos de traballo? si a resposta é si, vai a unha entidade bancaria a pedir un créto a ver se cho dan.

2 BURRO DAS AZORES

Non tiño dubidas, en poucos anos voltar a andar como fongos as caixas. As caixas estan para o que ten que estar, para as PEMES e para as familias, NON PARA FACER NEGOCIOS INMOBILIARIOS, POSTURAA IMPOSTA POLOS PPODRES, digan o que digan. Lembro o Sr. Alvarez Cascos dicendo que si o custe é tan alto dos pisos é porque somos ricos. Só a un misoxeno como el pode decir esto. Os PPodre fixeron o que fixeron, facer negocios con man de obra barata de fora (na clandestinidade toda ela sen cotizazons a SEGURIDAD SOCIAL, eles tiñan o control das Aduanas, por iso non querian legalizar aos extranxeiros, eles e só eles furon os que fixeron a orxia do cemento.

12 Antón

Cada vez que oio falar dunha banca privada como galega ou nosa, lembrame a un compañeiro que traballaba conmigo en Inditex, e que o referirse a empresa, sempre poñia a "coletila" nosa, nosa empresa esto, nosa empresa o outro..Non tardou ren a "sua" empresa en darlle unha patada e mandalo a rúa.

1 xan soares

moita razón tés, especialmente cando falas dos bancos e caixas. Aperta.

2 xanxanxan

Unha empresa é galega cando é de todolos galegos/as. É dicir, se e propiedade dunha administración pública galega (P.e. xunta de galicia). O demáis son trapalladas. O diñeiro non ten patrias.

11 Faldo

En 2010, no discurso de fin de ano, Feijóo gabábase dos éxitos da súa xestión, como se houbese algo exitoso na súa política! Entre eles, mencionaba as xestións da Xunta para que Galicia conservase o seu sistema financeiro. Agora temos os resultados desas xestións. Daquela xa había quen avisaba de que os movementos de Feijóo, Marta Fernández e Rueda nesta cuestión eran mero fume; e non eran ningúns adiviños eses desconfiados. Con Feijóo pensar mal e acertar é todo un.