Avanza a venda de NGB a La Caixa

A pésima imaxe creada polas enormes indemnizacións cobradas polos ex-directivos provoca que Novagalicia Banco perda máis do 4% dos depósitos en só oito meses.

Por Walter Burns | Barcelona | 10/01/2012 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Os datos sobre unha oferta de Caixabank, propiedade de La Caixa, por Novagalicia Banco, da que GC informou en primicia, comezan a acumularse. Hoxe son varios os blogs especializados no sector bancario os que confirman a "boa disposicón" dos cataláns para realizar unha oferta pola entidade galega, nacionalizada en máis do 90% polo Estado para salvala da quebra.

None

De Guindos busca compradores para as caixas nacionalizadas

Ademais, o diario ABC confirma que o ministro de Economía, Luís de Guindos, xa está a falar con bancos e caixas para impulsar unha nova vaga de fusións. Cómpre ter en conta que Mariano Rajoy prometeu que en seis meses completaría a "reordenación" do mercado financeiro, rescatado in extremis polo Estado tras o fiasco do 'boom' do ladrillo.

A cabeceira madrileña cita fontes do Ministerio de Economía para aventurar que das 17 entidades que sobreviven finalmente só resistirán a metade. O resto será engulida en fusións ou, en último caso, malvendida nunha poxa pública.

Unha das vítimas, salvo sorpresa maiúscula, será a entidade galega. Iso si, o presidente de NGB, José María Castellano, ten unha opción preferente sobre o 20% do capital até setembro. Este acordo asinado polo anterior Goberno  podería atrasar a operación até finais de outono, probable data das eleccións autonómicas.

Problemas para captar investidores e conservar clientes

Até daquela, Castellano, o ex-número 2 de Inditex, seguirá intentando captar investidores que permitan a consolidación dunha entidade solvente e galega, como prometeu o presidente da Xunta. A misión de Castellano parece moi complicada en plena recesión. De feito até o de agora captou moito menos capital do compremetido por el mesmo cando se fixo co control de NGB co aplauso de Feijóo. O certo é que o prestixio de bo xestor que din posúe Castellano non é quen de compensar a  mala imaxe pública que arrastra Novagalicia Banco (NGB) polo seu complicado parto.

O escándalo dos cobros dos directivos de Caixanova e Caixa Galicia, xermes de NGB,  provocou que moitos cidadáns retirasen os seus cartos da entidade galega. Segundo datos da CECA, a patronal das caixas, NCG perdeu 1.900 millóns en depósitos dos seus clientes, máis do catro por cento, entre xaneiro e outubro de 2011. Un dato pésimo para que Castellano logre atraer novos investidores privados.

O PP busca un cabeza de turco

Por outra parte, a voceira do Goberno de España culpou onte ao gobernador do Banco de España das enormes indemnizacións que cobraron os directivos que levaron a Caixanova e Caixa Galicia a rentes da quebra antes de deixar a entidade rescatada polo Estado.

En opinión de Soraya Sáenz de Santamaría nunha entrevista na TVG, Miguel Angel Fernández Ordóñez "non estivo nada fino nin nada explícito á hora de cumprir coas súas obrigas na vixilancia dos emolumentos que podían recibir cando se retirasen dos seus postos altos cargos non só das caixas galegas, senón tamén dalgunha outra".

O que non dixo Sáenz é que  militantes do seu partido estaban nos consellos de administración das dúas caixas cando aprobaron os máis de 30 millóns de indemnizacións cobrados polos hoxe retirados Méndez, Gayoso e os seus subordinados. A voceira tampouco dixo que o presidente da Xunta negouse a que o Parlamento de Galicia investigase estas comisións, alegando que podería prexudicar á consolidación da nova entidade.

Miguel Angel Fernández Ordóñez ten seis meses máis garantidos no seu cargo, segundo a lexislación que en teoría garante a independencia do Banco de España respecto ao Goberno. Con todo, das palabras da número 2 de Rajoy dedúcese que será relevado en canto sexa posíbel.

La Caixa ten xa máis de 190 oficinas e 700 empregados en Galicia. A adquisición de NCG serviríalle para consolidar o seu liderado na banca minorista española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

10 galegoexiliado

Vender, vender non creo que llela vendamos, mais ben regalaremoslla, e ainda bo é si non temos que pagar pa que se queden con ela e pagar nos o expolio dos seus directivos. Esto será culpa da herdanza de socialista ¿ou era da República? Menos mal que está ahí Inocencio Feijoo9 pa crear riqueza e acabar co paro e a emigración dos galegos. Arriba España e teñan un bo día.

9 SSSS

A sangria de fondos do Novo Banco, e imparable, dia a dia os clientes das antiguas Caixas, de Gaioso e Mendez, e de Guinnes, ante o medo dos impositores de verse collidos nun novo corralito, e quen pagara esta desfeita?, moito me temo que non os irresponsables xestores, nin o Banco de España, que deberia velar mais polo seu cometido regulador e fiscalizador, en troques de pedirlle os traballadores mais sacrificios, e reformas laborales que conducen a ningures ou a mais paro, pero mentras no eixisamos responsabilidades tanto politicas como financierias seguiremos os mesmos pagando o pato, ate cando?

8 Mira os lados o cruzar¡¡

¿E logo qué maís da quen sexa o propietario dun banco? O importante é que se administre ben para garantir os cartos que se depositan nel. A "galeguidade" demostrada ata o de agora está indica que os administradores "xogaban" cos cartos de todos os clientes apostando por actuacións arriscadas, moitas delas inducidads pola ideoloxía ou por un falso patriotismo. O verdadero patritismo é o que defende os intereses dos clientes das entidades bancarias. A xente emprendedora que teña bos proxectos seguro que non ten problemas para financiarse (alomenos non máis que noutra parte). O que non pode ser unha entidade financeira é unha subsidiadora de proxectos non rendibles e por suposto non pode ser un cementerio de políticos que xoguen a arranxa-la súa economía persoal en detrimento da entidade

1 ALEMAN

Tes razón, non sei porque Esperancita dixo aquelo que si ENDESA va a Calunya, va fora de España. O importante e que as empresas mais os paises as xentionen ben. Non ten ningun senso que España tiña autonomía da madre patria Alemaña. Creo que esta moito mellor feito todo si o xestionan os Alemens. Xa quedo demostrado que os Españois son dado as festas, o viño e as mulleres. E mellor estar nun pais que sabe traballar, e serio, e xestiona ben. VIVA ALEMANIA.

2 Fede el cogorzas

¡Y viva Honduras!

3 Mira os lados ó cruzar¡¡

En Galicia hai xente que xestiona moi ben as súas empresas e non dubido de que habería quen xestionase entidades financeiras moi ben, máis o burato que hai hoxe en NCG debido a unha xestión, chamémoslle arriscada, é difícil de cubrir con capital galego. ¿Ti invertirías hoxe en NCG algún peso? Se non se atopa capital de aquí haberá que buscar nos petos de fora, onde hay xente que pode/quere asumir os riscos que supón esta empresa.

7 Valentín Carrera

Millor os cataláns que os chinos. Imos fartar de reír co conto das caixas...

6 Rusiñol

Eu non me escandalizo pola noticia, pois en Galicia é dominante o foráneo, e así, en política votamos a partidos de centralistas, e sindicalmente apoiamos maioritariamente ao sindicalismo estatal. Entón que razón financeira existe para que esa entidade bancarias teña condición xenuína?. A oferta de *Caixabank, leva no seu contexto non tan só unha oferta económica senón unha demostración de identidade e empuxe dunha comunidade capaz de porlle cara ao Estado. Galicia non ten nin burguesía nin rango económico para soster un proxecto desa envergadura., por iso hai que deixarse de queixumes e afrontar a realidade por crúa que resulte. De consumarse a operación teremos argumentos suficientes para demandar na nosa comunidade a preferencia da lingua catalá sobre a Española e o noso referente deixase de ser a Moncloa para centrar como referente de xerarquía o Palau da Generalitat. "¡Visca Catalunya!"

1 JORDI

Eu penso que temos que demandar a lingua Catalá mais a Francesa. Si queres medrar tes que facelo en estas duas linguas. Os Catalans xa ten U.PENOSA, agora expolian as Caixas (un agasallo), e a Francesa, porque as maiores empresa na Galiza son Francesas, que pinta o Castelan aqui. "Os dereitos son das persoas non das linguas"