Avanza a venda de NGB a La Caixa

A pésima imaxe creada polas enormes indemnizacións cobradas polos ex-directivos provoca que Novagalicia Banco perda máis do 4% dos depósitos en só oito meses.

Por Walter Burns | Barcelona | 10/01/2012 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Os datos sobre unha oferta de Caixabank, propiedade de La Caixa, por Novagalicia Banco, da que GC informou en primicia, comezan a acumularse. Hoxe son varios os blogs especializados no sector bancario os que confirman a "boa disposicón" dos cataláns para realizar unha oferta pola entidade galega, nacionalizada en máis do 90% polo Estado para salvala da quebra.

None

De Guindos busca compradores para as caixas nacionalizadas

Ademais, o diario ABC confirma que o ministro de Economía, Luís de Guindos, xa está a falar con bancos e caixas para impulsar unha nova vaga de fusións. Cómpre ter en conta que Mariano Rajoy prometeu que en seis meses completaría a "reordenación" do mercado financeiro, rescatado in extremis polo Estado tras o fiasco do 'boom' do ladrillo.

A cabeceira madrileña cita fontes do Ministerio de Economía para aventurar que das 17 entidades que sobreviven finalmente só resistirán a metade. O resto será engulida en fusións ou, en último caso, malvendida nunha poxa pública.

Unha das vítimas, salvo sorpresa maiúscula, será a entidade galega. Iso si, o presidente de NGB, José María Castellano, ten unha opción preferente sobre o 20% do capital até setembro. Este acordo asinado polo anterior Goberno  podería atrasar a operación até finais de outono, probable data das eleccións autonómicas.

Problemas para captar investidores e conservar clientes

Até daquela, Castellano, o ex-número 2 de Inditex, seguirá intentando captar investidores que permitan a consolidación dunha entidade solvente e galega, como prometeu o presidente da Xunta. A misión de Castellano parece moi complicada en plena recesión. De feito até o de agora captou moito menos capital do compremetido por el mesmo cando se fixo co control de NGB co aplauso de Feijóo. O certo é que o prestixio de bo xestor que din posúe Castellano non é quen de compensar a  mala imaxe pública que arrastra Novagalicia Banco (NGB) polo seu complicado parto.

O escándalo dos cobros dos directivos de Caixanova e Caixa Galicia, xermes de NGB,  provocou que moitos cidadáns retirasen os seus cartos da entidade galega. Segundo datos da CECA, a patronal das caixas, NCG perdeu 1.900 millóns en depósitos dos seus clientes, máis do catro por cento, entre xaneiro e outubro de 2011. Un dato pésimo para que Castellano logre atraer novos investidores privados.

O PP busca un cabeza de turco

Por outra parte, a voceira do Goberno de España culpou onte ao gobernador do Banco de España das enormes indemnizacións que cobraron os directivos que levaron a Caixanova e Caixa Galicia a rentes da quebra antes de deixar a entidade rescatada polo Estado.

En opinión de Soraya Sáenz de Santamaría nunha entrevista na TVG, Miguel Angel Fernández Ordóñez "non estivo nada fino nin nada explícito á hora de cumprir coas súas obrigas na vixilancia dos emolumentos que podían recibir cando se retirasen dos seus postos altos cargos non só das caixas galegas, senón tamén dalgunha outra".

O que non dixo Sáenz é que  militantes do seu partido estaban nos consellos de administración das dúas caixas cando aprobaron os máis de 30 millóns de indemnizacións cobrados polos hoxe retirados Méndez, Gayoso e os seus subordinados. A voceira tampouco dixo que o presidente da Xunta negouse a que o Parlamento de Galicia investigase estas comisións, alegando que podería prexudicar á consolidación da nova entidade.

Miguel Angel Fernández Ordóñez ten seis meses máis garantidos no seu cargo, segundo a lexislación que en teoría garante a independencia do Banco de España respecto ao Goberno. Con todo, das palabras da número 2 de Rajoy dedúcese que será relevado en canto sexa posíbel.

La Caixa ten xa máis de 190 oficinas e 700 empregados en Galicia. A adquisición de NCG serviríalle para consolidar o seu liderado na banca minorista española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 observador

As autonómicas serán para o Outono deste ano, ata entón non se resolverá o tema de NCG Bank. Castellanos é un fracaso absoluto, xuntar 70 millóns de euros cando hai empresarios galegos invertindo 500 millóns no Brasil, ou 400 nun edificio fala ás claras de que pasan absolutamente do seu proxecto. Inda que conseguise o capital no tempo que solicita tampouco sería galega NCGBank así que o único para o que está ahí Castellano é para dar tempo a Feijoo a ter unha nova maioría absoluta, entón perderemos NCG Bank e virá o gordo dos recortes. E os xornais galegos informando mentres tanto "de que los gallegos no te tenemos una buena oposición". Nada novo baixo o sol.

1 mosteiro

Desta volta concordo contigo observador. A prensa galega, que pagamos todos vía convenios, cala e a TVG pregúntalle ao novo Goberno por Zapatero. A única forma que vexo de paliar esto é axudar aos medios independentes, como ao GC, que é o único que se atreve a falar claramente deste atraco a man armada. A información boa non é gratis, temos que axudar a que siga existindo.

2 ATRACADORES

Mais claro auga. E o das comisions e colas nas caixas, é unha verdade como o portido da gloria de grande. A min tamen o fan. Tiño unha pequena empresa, e o que fai este novo enxendro chamase aqui e na China "USURA", para ETA imposto revolucionario, e para A MAFIA e un imposto para que non queimen o local. A-TRA-CA-DO-RES

4 Miles

O dos depósitos tamén será provocado, penso eu, polo trato tan malo que presta a entidade aos clientes, cobrando comisións absolutamente inesperadas que só che quitan se reclamas. Destas que se cola, cola. Eu penso deixar este enxendro por este motivo, e eu non son nada, pero se todo o mundo fai coma min vai ao tacho volado. Síntoo moito pola perda para o país e polos empregos, pero é o que hai

3 Uslar

Repetid conmigo: La culpa es de...¡ah, sí! Zapatero (Feijóo09)

2 FEIJOO 007

Maremotos, tornados, ciclones, terremotos, tsunamis, xa ten un nome propio "Feijoo 007". Nin Hostensias, nin hostias. FEIJOO 007.

1 Impresionante

É increibel, Feijoo, levase por diante 1000 anos de historia. Non deixa nada en pé, pero nada nada. En só 3 anos, é unha máquina. Que espera o xefe dos Galleguinhos para poñer medallas polo traballo feito. Nin Isabel La Católica, Franco, Fraga xuntos. Impresionante.