Educación reforza a función dos equipos directivos dos centros con formación e novas canles de comunicación

Levarase a cabo a través dunha actualización de coñecementos e a potenciación da comunicación entre administración educativa e todos os equipos directivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación iniciou o reforzo da función dos equipos directivos dos centros escolares, con medidas específicas centradas na formación específica do colectivo e na potenciación da comunicación directa entre a administración e os profesionais de dirección.

Así o destacou a conselleira, Carmen Pomar, con motivo da inauguración do XXXIX Congreso de formación e avaliación da dirección, organizado pola Federación de Asociacións de directivos de centros educativos públicos (FEDADI), que congrega ata este sábado en Santiago a profesionais docentes de toda España.

O reforzo da función dos equipos directivos desenvólvese, por unha banda, coa formación específica mediante a actualización de coñecementos, novos marcos normativos e novas técnicas de dirección e, por outro, coa posta en marcha de novas canles de comunicación interna como é o Portal da Dirección, que potencia a comunicación directa entre a administración educativa e os equipos directivos.

Carmen Pomar subliñou que o liderado e a xestión dos equipos directivos son clave "para incrementar a calidade e os resultados da formación e o éxito do alumnado", posto que nas súas mans "recae a boa marcha dos centros e a correcta implantación dos proxectos educativos".

Por iso, desde o departamento de Educación do Goberno galego está a traballarse en colaboración cos propios equipos directivos para o deseño de medidas específicas que garantan o correcto funcionamento do sistema educativo.

Educación reforza a función dos equipos directivos dos centros con formación e novas canles de comunicación. XUNTA DE GALICIA
Educación reforza a función dos equipos directivos dos centros con formación e novas canles de comunicación. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Txu póns non

Pura palabrería, se exceptuamos os lambecús seguidistas, ninguén quere ser cargo directivo (mal pagado, sobre todo o que non é a dirección e, peor apoiado polos xefeciños postos a dedo na Consellería). Chatarra en estado puro. Burocracia e máis burocracia...