Cambio de tempo brutal en Galicia; de 10º a máis de 30º en 24 horas

A entrada dunha masa de aire africano deixará en Galicia temperaturas superiores a 30 graos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A entrada dunha masa de aire procedente do norte de África deixará en Galicia temperaturas superiores a 30 graos este fin de semana, polo que cidades como Ourense e Pontevedra roldarán os 31 graos o domingo.

Tal como explicaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, un anticiclón situarase ao norte da Península Ibérica, o que "axudará a meterse en Portugal e Galicia a unha masa de aire cálido que está situada en latitudes do norte de África", que traerá calor e ceos despexados en toda a Comunidade.

Así, Galicia será a rexión do norte de España que alcanzará temperaturas máis altas. Desta maneira, este sábado localidades como Ourense e Pontevedra alcanzarán os 27 graos; Vigo, 25; Santiago, 23, e Ferrol, Lugo e A Coruña roldarán os 20 graos.

O domingo as temperaturas seguirán subindo, chegando a 31 graos en Ourense e Pontevedra, así como a 30 en Vigo e a 29 en Santiago, mentres que A Coruña e Ferrol alcanzarán os 27 graos.

Segundo fontes de Meteogalicia, esta situación estenderase ata polo menos a primeira metade da semana que vén, con calor, ceos despexados e algunha nube baixa pola mañá.

Praia de Samil. EUROPA PRESS - Arquivo
Praia de Samil. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta