Unidas Podemos reivindica en Cambre o saneamento "inmediato e integral" da ría do Burgo

Di que en 10 anos non se poderá mariscar neste espazo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, visitou este sábado a localidade coruñesa de Cambre, onde reivindicou, xunto coa candidata á alcaldía da localidade, Olga Santos, e o número dous de EU Cambre, Loreto Taibo, unha mellora no "saneamento inmediato e integral da ría do Burgo para o futuro da comarca".

"É vital mostrar que traballaremos de forma moi próxima coas nosas representantes ao concello. Este sábado está comigo Santos, futura alcaldesa de Cambre, de Esquerda Unida, marcando un compromiso para traballar xuntas e romper o que prexudica á ría do Burgo: a burocratización de espazos e a distancia das decisións que se toman en Europa, que non chegan aos veciños", indicou Angustia, segundo recolle Unidas Podemos nun comunicado.

Para a candidata, esta situación é unha "irresponsabilidade do Goberno do PP" xa que "non deixa negociar os Orzamentos Xerais do Estado", o que, ao seu xuízo, "prexudica directamente aos veciños de Cambre".

Así, destacou a importancia do proxecto xa que "del depende a saúde e a vida do catro concellos implicados". Segundo os seus datos, en 10 anos "non se poderá mariscar nesta ría", polo que esixiu que os gobernos e poderes públicos estatais e económicos "implíquense".

Ría do Burgo
Ría do Burgo | Fonte: Aro Iris

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta