Senra di que seguirá a súa loita en Europa contra os proxectos mineiros que danan o medio ambiente

Critica a megamina de Touro e pide á UE que aplique a súa normativa ambiental e de augas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A eurodeputada e candidata de En Marea, que concorre na alianza Compromiso por Europa, volveuse a situar este luns en contra dos proxectos de megaminería e reclamou ás institucións europeas que apliquen a súa normativa ambiental e de augas. "Se a Unión Europea asume as súas responsabilidades e defende e fai valer a súa lexislación en materia de augas e ambiental, esta mina tiña que parala xa", manifestou nunha visita á zona do proxecto mineiro de Touro, no Pino (A Coruña).

Lídia Senra reivindicou que ao longo desta lexislatura europea, que comezou en 2015, xa se "opuxo" aos proxectos de megaminería. "É o traballo que vimos facendo desde hai tempo e o que faremos no futuro, e opómonos a mina de Touro e a todos os proxectos de megaminería, porque son un ataque ás nosas vidas, atentan a nosa saúde e ao noso medio de vida", comprometeu.

En declaracións aos medios no Pino, onde se desprazou para coñecer a situación actual e volveu comprometerse coa postura en contra a este proxecto, advertiu de que este tipo de actuacións "destrúen postos de traballo". A candidata de Compromiso por Europa salientou que se trata de "un obxectivo fundamental" polos motivos dados, tanto de saúde como ambientais, e por iso incidiu en que "a saúde non podemos deixala en favor dos intereses do gran capital".

"Nós o que queremos é que as institucións europeas, e a galega tamén, poñan os dereitos das persoas por encima dos intereses do capital. E niso estamos e niso imos estar", sentenciou.

Senra en contra dos proxectos megamineiros
Senra en contra dos proxectos megamineiros | Fonte: CANDIDATURA LÍDIA SENRA-COMPROMISO POR EUROPA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta