Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2019 | Actualizada ás 17:56
O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, reivindicou á formación nacionalista como a opción para os votantes "decepcionados" co goberno da Marea Atlántica.
"Somos a candidatura preferida polos novos votantes, algo que terá que ver coa decepción que supuxo o actual goberno municipal", reivindicou Jorquera durante a súa intervención nos almorzos electorais da Asociación da Prensa da Coruña.
Preguntado sobre posibles pactos, dixo que o BNG falará con todas as forzas que obteñan representación "por respecto á decisión dos votantes". "Pero está claro que nós nunca facilitamos nin facilitaremos un goberno de dereitas", subliñou.
No entanto, dixo tamén que tampouco consentirán "un goberno que non faga nada, que non xestione, como ocorreu neste último mandato", engadiu sobre a xestión da Marea Atlántica.
Mentres, sobre o seu programa, explicou que o BNG non pretende aplicar un modelo de calidade urbana "só no centro" da cidade. Respecto diso, manifestou que están preocupados pola "degradación dos barrios", polo que considerou necesario "un plan de rexeneración" para moitos deles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.