A USC reduce a 40 os cursos da Universidade de Verán para "aumentar o financiamento" para cada actividade

Haberá iniciativas "candentes" como a restauración do Pórtico da Gloria, a violencia de xénero, a memoria histórica e o cambio climático

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 14/05/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ha decido reducir a 40 os cursos da Universidade de Verán, destinados á formación de estudantes e non estudantes en diferentes áreas do coñecemento, para "aumentar o financiamento" de cada curso en particular.

A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, e a director da área de Cultura e coordinador da Universidade de Verán, Pablo Sampedro, presentaron na mañá deste martes no compostelán Pazo de San Xerome a nova edición destes cursos de verán.

Sampedro aclarou que a oferta diminuíu porque a tendencia á "inflación" no número deles durante os últimos anos, provocou que "moitas prazas quedasen libres, xa que o número de alumnos anotados mantense constante". "A oferta é menor porque o que se busca é apostar por un maior financiamento para cada un dos cursos", apuntou Mar Lorenzo. O pasado verán houbo 54 actividades, e anteriormente "chegou a haber ata máis de 70, como ocorreu en 2008", explicou o coordinador.

En total, haberá 40 cursos dispoñibles. A maioría deles, 23 concretamente, realizaranse en Santiago de Compostela. Oito terán lugar en Lugo e o nove restantes dividiranse entre os concellos de Allariz, Ares, Lalín, Láncara, Meis, Oia, Rianxo, Ribeira e Sada.

CURSOS SOBRE TEMÁTICAS "MOI CANDENTES"

Todos eles estarán enfocados a mellorar a formación dos participantes "en todas as grandes áreas do coñecemento: ciencias, ciencias experimentais, ciencias sociais, humanidades e ciencias da saúde". "Tamén hai sitio para temáticas moi candentes na realidade social de Galicia e do Estado español como a violencia de xénero, a memoria histórica, o cambio climático e a restauración do Pórtico da Gloria", aclarou o coordinador das actividades estivais.

A oferta destas non se reduce só a "os universitarios tanto de Santiago como das outras dúas universidades galegas", senón que se aproveita "a descentralización dos cursos de verán en concellos que se achegan á universidade para conveniar esta oferta formativa". E é que, aínda que tal e como explicaron ambos os representantes, a maioría dos interesados son estudantes universitarios, tamén hai, por exemplo, "profesores de ensino medio".

PREZOS ENTRE 40 E 120 EUROS

En canto aos prezos, existen dúas taxas xerais, de 120 euros para os cursos de 25 ou máis horas e de 70 para o resto. E tamén outras dúas de carácter reducido, de 70 ou 40 euros en función da carga docente do curso en cuestión, para alumnado universitario, de Bacharelato ou de FP, así como para pensionistas, desempregados, socios da asociación Alumni USC, PAS e PDI da USC.

Sempre que acudan ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación e créditos ECTS en caso de ser estudantes --dous créditos polos cursos de máis de 25 horas e un polos de menos--.

Estudantes da USC. XUNTA
Estudantes da USC. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta