Miranda reprocha a PP e PSOE non facer "nada" pola ría do Burgo e deixala como "o Prestige dos lodos"

Critica a populares e socialistas que veñan agora a "facerse fotos" na ría.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/05/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A candidata do BNG ao Parlamento europeo, Ana Miranda, reprochou ao PP e ao PSOE non facer "nada" pola ría do Burgo durante a súa etapa no goberno central. "O Prestige dos lodos", definiu, en relación á situación desta zona nunha visita xunto ao candidato á Alcaldía de Culleredo, Antonio Chouciño.

Nela, subliñou o "traballo constante" da súa etapa como europarlamentaria "en defensa da recuperación da ría". "En xaneiro conseguimos que se reabrise o informe aprobado en 2013 que instaba ao dragado", explicou.

"Cinco anos despois, o dragado non está feito", lamentou Ana Miranda, quen reprochou a outras formacións políticas, en particular ao PP e ao PSOE, que veñan agora a "facerse fotos" na ría.

De populares e socialistas, criticou que, durante o seu Goberno, non executasen o dragado. "Os orzamentos están dispoñibles en Bruxelas para outorgarse, pero non se solicitaron polo Estado", lamentou.

26M.-Miranda (BNG) Reprocha A PP E PSOE Non Facer 'Nada' Pola Ría Do Burgo E Deixala Como 'O Prestige Dos Lodos'. BNG
26M.-Miranda (BNG) Reprocha A PP E PSOE Non Facer 'Nada' Pola Ría Do Burgo E Deixala Como 'O Prestige Dos Lodos'. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta