Lidia Senra considera que a pesca artesanal galega "non ten cotas dignas"

Tamén afirma que neste mandato no Parlamento europeo, como eurodeputada, reclamou a revisión das mesmas e promete facer o mesmo se obtén un escano.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/05/2019 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A candidata de En Marea ás eleccións europeas, Lidia Senra, reclamou este mércores a revisión das cotas pesqueiras comunitarias, tras unha reunión mantida con representantes da Confraría da Coruña.

Durante o encontro, Senra explicou que neste mandato no Parlamento europeo, como eurodeputada, reclamou a revisión das cotas que se asignan aos Estados e dos criterios que se aplican para a repartición. "A pesca artesanal galega non ten cotas dignas suficientes para sobrevivir", denunciou. Ademais, comprometeuse, no caso de obter de novo o escano, a volver reclamar no Parlamento europeo que a pesca artesanal teña un trato "diferenciado".

26M.-Lida Senra (En Marea) Reclama A Revisión Das Cotas Pesqueiras Comunitarias. EN MAREA
26M.-Lida Senra (En Marea) Reclama A Revisión Das Cotas Pesqueiras Comunitarias. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta