Guillerme ve improbábel un pacto antes da Asemblea

Por Galicia Confidencial | Teo | 21/01/2012 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O Bloque chegará á Asemblea Xeral do próximo do sábado con dúas listas enfrontadas, a auspiciada pola UPG a través da APU e a que suma a independentes, Encontro Irmandiño e Máis Galiza. O propio Guillerme Vázquez, voceiro nacional e candidato da APU a recuncar neste posto, dixo hoxe que "non parece" probábel que haxa acordo antes.

Este luns remata o prazo para a presentación das listas. Vázquez quítalle ferro a que haxa unha candidatura na que participan todos os críticos coa xestión da UPG na fronte. "Se hai moitas candidaturas parece que é un problema, se hai unha soa, resulta que facemos un congreso á búlgara", dixo en rolda de prensa.

Vázquez prevé "moita participación" na Asemblea, que se organiza no mercado de Amio, preto no polígono Costa Vella de Santiago. O voceiro destacou que os militantes decidirán o futuro da fronte "de maneira democrática e soberana".

Ademais, o portavoz nnformou este mediodía en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión de hoxe do Consello Nacional do BNG.

Segundo informa o gabinete do Bloque, os puntos tratados no Consello do sábado foron os seguintes:

  • Votación do ditame das emendas ao regulamento da Asemblea Nacional: 49 votos a favor; 36 en contra e ningunha abstención.
  • Votación do ditame das emendas ás teses para a Asemblea Nacional: 47 votos a favor; 36 en contra e 2 abstencións.
  • Orde do día da Asemblea Nacional: 69 votos a favor, 12 en contra e 2 abstencións.
  • Designación dos moderadores/as, secretarios/as e ponentes en comisións e Pleno da Asemblea Nacional: aprobado por unanimidade con 83 votos a favor.
  • Votación do informe de xestión do Consello Nacional: 50 votos a favor e 39 en contra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

8 leilia

Beiras, Jorquera, Aymerich, Guillerme... Para debater sen trols e para votar na enquisa, foros gl. http://www.foros.gl/viewtopic.php?f...

7 Pastrán

Guillerme independente?? Guillerme Udependente!!

6 Eu o povo

O bandullo pode xenerar máis "acordos" que o cerebro. Ao tempo!

1 lolito

Efectivamente.

5 carlos

Non pode haber pacto, sería unha estafa aos militantes de ámbalos dous bandos. Tanto sangue verquido para nada!!!!!!...veña, oh!

4 Carbias

ENQUISA: Arderá o home de palla? Votade, SI ou NON