"Si pides firmar en gallego no te operamos"

A Mesa acaba de denunciar o que considera un "gravísimo" caso de discriminación lingüística acontecido nun hospital en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/01/2012 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Segundo informa A Mesa, un paciente que ía ser operado no Hospital Nosa Señora de Fátima pediu que o consentimento informado que tiña que asinar estivese no seu idioma. O hospital é privado, mais ten un convenio co SERGAS.

 

A resposta que recibiu o doente foi que non tiñan o documento en galego nin tiñan por que telo. "Total, nin que o hospital estivese en Galiza! Total, nin que reciban montes e moreas de diñeiro público do Goberno galego! Por que ían ter eles que garantir os dereitos para uns cidadáns de segunda, cuxo idioma non merece figurar en ningures?", apunta o presidente da Mesa, Carlos Callón, no seu blog.

 

Actitude exemplar

 

O home afectado pola discriminación, "cunha actitude exemplar para todas e todos nós", mantívose firme na súa exixencia. Como non ía ao rego, desde o Hospital chegaron a ameazalo con que se continuaba coa súa petición de asinar un documento en galego non o operarían.

 

"É demasiado. Por fortuna, o doente non só non calou, non só non permitiu que lle vulnerasen os seus dereitos, senón que puxo o caso en coñecemento dunha avogada e da Mesa pola Normalización Lingüística, da cal é membro", asegura Callón.

 

A asociación exixiu á Consellaría de Sanidade unha inmediata investigación que se traduza de contado na aplicación das medidas para garantir que o uso do galego polas ou polos doentes non se teña que ver convertido sempre nunha auténtica carreira de obstáculos, e menos perante situacións tan delicadas como unha intervención cirúrxica.

 

Garantir os dereitos lingüísticos

 

A maior asociación cultural de Galiza reclamou tamén á consellaría dirixida por Rocío Mosquera que, mentres existan os concertos con centros médicos privados, Sanidade actúe para garantir os dereitos lingüísticos, tanto dos doentes como do persoal, e para que a lingua propia de Galiza deixe de ser unha lingua de segunda no ámbito sanitario.

 

A Mesa, por último, anima a todas as persoas sensibilizadas coa diversidade lingüística e cultural e contrarias a calquera tipo de discriminación a dirixiren correos electrónicos á dirección do Hospital Nosa Señora de Fátima para lles recordar que "o galego é un idioma oficial e que na nosa sociedade xa non teñen cabida comportamentos discriminatorios coma este". O correo é: hospitalfatima@hospitalfatima.nehos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

16 Manuel

Xa estamos ata os c... de tanta merda, non chega con estar doente que teñen que impoñer a lingua na que te queixas.

15 Eduardo

Pois cando eu fun a Fátima, faláronme en galego (logo e pedilo, claro) e asinei os papeis en galego... daría con mala persona¡¡¡

1 Manolo2

Es que a Callón le tienen manía.

14 Manolo2

No sé como a estas alturas todavía no ha dimitido el gobierno gallego en pleno por esta noticia tan terrorífica. ¿O es que esto no es más un intento de los upegallos de concitar la unidad de todo el BNG en torno a ellos para finiquitar el desastroso debate en curso?

1 Hai que foderse!

"No sé como..." Como debería levar acento, pero é tan sobradamente coñecido o seu desprezo pola corrección no uso do idioma que non paga a pena exterderse máis nesa cuestión. O que resulta curioso é que recoñeza explicitamente que non sabe, como se iso non o tivésemos todos ben clariño!

2 Manolo2

Ya tardaba en aparecer por aquí el obseso de siempre. Cansado de refocilarse entre los cadáveres del cementerio más cercano, vuelve por aquí a cebarse en sus otras obsesiones.

3 Hai que foderse!

O cemiterio de Perbes quédame lonxe. Ademais estes días estaba ateigado de correlixionarios do aspirante a académico da lingua.

4 Manolo2

Claro, y además en Perbes hay mucha vigilancia, con lo que podrian pillarte in fraganti.

5 Norteño

Este é o respecto que amosan os nacionalistas españois polos nosos dereitos. Se nos puidesen meter en 4 reservas indias faríano. Os galegofalantes teríamos que empezar a actuar xa firmemente, todos como este señor.

6 Hai que foderse!

"... in FRAGAnti.". Por fortuna, nunca mellor dito! Por esta vez, hai que recoñecerlle ao retardado mental que deu no cravo.

7 Sanctius

Pobriños os vermes que se están a envelenar co cadáver do mandón en proceso de putrefacción!

8 Manolo2

Pues nada, a dejar el cuerpo incorrupto

9 Rayleigh

Manolón..despois do que vimos en Santiago estes días, entendo que o PP deixará que en Euskadi, os etarras reciban homenaxes, non? Aún ´lémbrome de como Fraga apoiaba o TERRORISMO de estado. A todo isto...Feijoó leva unha semana de funeral en funeral. Crise?? Que crise?

10 Ghalleghocomaotoxo

O do corpo incorrupto... vai ser que non. Levaba décadas feito un desastriño. Hai cadáveres que teñen mellor aspecto que o que tiña Fraga hai vinte anos.

13 Jaliña vijesa

Esperamos que Kllón se inmole a lo bonzo ante el Hospital Nosa Señora de Fátima ante tamaña afrenta a Galiza. Por lo menos que se churrusque un poquito en la gaita, a ver si así pilla una nueva subvención.

1 Rayleigh

No Jaliña..Espero que Glory haga acto de aparición. De una señora tan preocupada por la "libertad lingüística" (jajajaj) no espero menos. Cada vez queda más clara la hipocresía de esta gent.za de GB

12 eu_mesmo

Qué raro. Galicia bilingüe non protesta por isto. O afectado ademáis de chamar á Mesa debeu chamar a Galicia bilingüe, para deixalos en evidencia.