"Si pides firmar en gallego no te operamos"

A Mesa acaba de denunciar o que considera un "gravísimo" caso de discriminación lingüística acontecido nun hospital en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/01/2012 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Segundo informa A Mesa, un paciente que ía ser operado no Hospital Nosa Señora de Fátima pediu que o consentimento informado que tiña que asinar estivese no seu idioma. O hospital é privado, mais ten un convenio co SERGAS.

 

A resposta que recibiu o doente foi que non tiñan o documento en galego nin tiñan por que telo. "Total, nin que o hospital estivese en Galiza! Total, nin que reciban montes e moreas de diñeiro público do Goberno galego! Por que ían ter eles que garantir os dereitos para uns cidadáns de segunda, cuxo idioma non merece figurar en ningures?", apunta o presidente da Mesa, Carlos Callón, no seu blog.

 

Actitude exemplar

 

O home afectado pola discriminación, "cunha actitude exemplar para todas e todos nós", mantívose firme na súa exixencia. Como non ía ao rego, desde o Hospital chegaron a ameazalo con que se continuaba coa súa petición de asinar un documento en galego non o operarían.

 

"É demasiado. Por fortuna, o doente non só non calou, non só non permitiu que lle vulnerasen os seus dereitos, senón que puxo o caso en coñecemento dunha avogada e da Mesa pola Normalización Lingüística, da cal é membro", asegura Callón.

 

A asociación exixiu á Consellaría de Sanidade unha inmediata investigación que se traduza de contado na aplicación das medidas para garantir que o uso do galego polas ou polos doentes non se teña que ver convertido sempre nunha auténtica carreira de obstáculos, e menos perante situacións tan delicadas como unha intervención cirúrxica.

 

Garantir os dereitos lingüísticos

 

A maior asociación cultural de Galiza reclamou tamén á consellaría dirixida por Rocío Mosquera que, mentres existan os concertos con centros médicos privados, Sanidade actúe para garantir os dereitos lingüísticos, tanto dos doentes como do persoal, e para que a lingua propia de Galiza deixe de ser unha lingua de segunda no ámbito sanitario.

 

A Mesa, por último, anima a todas as persoas sensibilizadas coa diversidade lingüística e cultural e contrarias a calquera tipo de discriminación a dirixiren correos electrónicos á dirección do Hospital Nosa Señora de Fátima para lles recordar que "o galego é un idioma oficial e que na nosa sociedade xa non teñen cabida comportamentos discriminatorios coma este". O correo é: hospitalfatima@hospitalfatima.nehos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

11 Pastelau

Vaia trola! Non volo creedes nen vós. Falen do da directiva da Generalitat proibindo atender a castelán falantes, que isso sí que é un escándalo.

1 Norteño

ISO SI QUE É UNHA TROLA. http://www20.gencat.cat/docs/Llengc... Aí a tes. Burranzán. Que cres todo o que che contan. O traballador debe dirixirse aos doentes en catalán agás que mostren dificultades para comprender ou que pidan expresamente seren atendidos en español

10 Xan da xanela

E mais... http://www.amesanl.org/gl/formulari.... e menos matar compañeiros. Vai por quen se sinta no lote. Mais Samba e mais.

2 Xanela do xan

Vai picar pedra anda.

9 Lubre

Perdón: ...manteñan convenios...

8 Lubre

Aurelios5, onte enviei un e-mail ao hospital Nosa Señora de Fátima (Vigo)sobre o caso de Xesús Manuel da Torre Martíns. A resposta foi que non estaba en servizo ou algo así. Deste xeito raposeiro tratan de desactivar toda protesta. En que mundo vivimos? De onde son eses "elementos"? Como é posíbel que o SERGAS manteña con convenios con hospitais que segregan por razóns lingüísticas?

7 Aurelios5

Menos falar eiquí e máis emails para os da Fátima.