O PP de Pontevedra acusa a Lores de escoller a Maduro "antes que aos venezolanos"

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, refírese a isto debido ao voto en contra BNG nunha moción que demandaban "eleccións libres" no pais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron este xoves unha reunión con colonia venezolana residente na cidade do Lérez.

Rafa Domínguez lembrou que o pasado mes de febreiro o grupo municipal do PP levou ao pleno unha moción na que demandaban "eleccións libres" neste país e trasladaban o seu apoio á comunidade de venezolanos radicada en Pontevedra. Aquela iniciativa non foi aprobada xa que só os concelleiros do PP, PSOE e Ciudadanps apoiaron a medida, cos votos en contra do BNG e a abstención de Marea. "Lores entre os venezolanos e Maduro está claro que escolleu a Maduro", dixo Rafa Domínguez.

Pola súa banda o secretario xeral de Emigración expresou que "o compromiso de Galicia con toda a xente que chega desde calquera parte do mundo" ten que ser "absolutamente inescusable e ineludible". Rodríguez Miranda destacou que "Galicia leva no seu ADN social a integración e a acollida" e lembrou que, durante o século XX, foi "un pobo emigrante" que aprendeu a adaptarse aos costumes dos lugares aos que chegou "aínda que traballemos para nosa familia".

O secretario xeral referiuse ao retorno de emigrantes galegos de países como Venezuela, aos que transmitiu unha "mensaxe de agarimo" pola "situación complicada" que está a vivir cunha "crise humanitaria". Rodríguez Miranda destacou "o cambio político que se vai a dar con Rafa Domínguez á fronte desta cidade, e que se vai a converter nunha urbe "autenticamente acolledora" cos que regresen de calquera parte do mundo. "Un lugar onde se lles pode orientar, onde se lles vai axudar e acoller para que se incorporen á sociedade de Pontevedra". "O noso compromiso con todas as persoas que veñen como inmigrantes á nosa terra", proclamou o secretario xeral.

Rafa Domínguez, candidato do PP en Pontevedra, e Pepa Pardo, o seu número dous. PP DE PONTEVEDRA
Rafa Domínguez, candidato do PP en Pontevedra, e Pepa Pardo, o seu número dous. PP DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta