Gómez-Reino apoia a Marea Atlántica e Compostela Aberta de cara ás municipais

O secretario xeral de Podemos Galicia confía en poder "reeditar" os gobernos nas cidades da Coruña e Santiago.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/05/2019 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, mostrou o seu apoio á Marea Atlántica de cara as eleccións municipais do próximo domingo: "Esperamos que a partir do próximo luns Xulio Ferreiro siga sendo alcalde da nosa cidade".

En rolda de prensa, na sede de Podemos na Coruña, Gómez-Reino mostrou o seu apoio tanto á formación da Marea Atlántica, na Coruña, como a Compostela Aberta, en Santiago de Compostela. Así, espera que se poidan "reeditar" os gobernos "onde xa gobernamos", e para iso ve "fundamental" que os seus compañeiros de filas de Podemos, que están nas listas destas dúas formacións, "sexan determinantes".

"É fundamental que Isabel Faraldo ou que Álex Botello entren nos concellos da Coruña e Compostela", dixo en relación a estes dous membros de Podemos que van respectivamente nas listas de Marea Atlántica e Compostela Aberta. No caso de Faraldo figura de número 8 mentres que Botello está no posto número 9.

"Esperamos que entren moitos concelleiros de Marea Atlántica", indicou o secretario xeral de Podemos-Galicia sobre a situación na cidade herculina, onde espera que a cidadanía entenda que "houbo un goberno que parou a corrupción. "Esperamos que a partir do próximo luns Xulio Ferreiro siga sendo alcalde da nosa cidade", engade.

Gómez-Reino (Podemos) apoia a Marea Atlántica: 'Esperamos que partir do luns Xulio Ferreiro siga sendo alcalde'. PODEMOS
Gómez-Reino (Podemos) apoia a Marea Atlántica: 'Esperamos que partir do luns Xulio Ferreiro siga sendo alcalde'. PODEMOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e non terían collóns a desmentir as palabras de Pablo Iglesias sobre as doazóns de Amancio Ortega á Sanidade Galega? Son canciños submisos ao líder e á lideresa de Galapagar? https://www.lavozdegalicia.es/notic... Ver especialmente o vídeo no que explican as vantaxes no Hospital do Meixoeiro de Vigo!