Temas: FOLGA PAC SERGAS

Os PAC solicitan ao Sergas a aceptación dunha mediación "tras doce meses de conversacións infrutuosas"

O comité de folga explicou nun comunicado que se viron obrigados a solicitar a aceptación desta figura tras 12 mese de conversacións infrutuosas coa administración e oito meses de folga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O comité de folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia rexistrou este venres no Servizo Galego de Saúde (Sergas) unha petición de mediación para solicitar ao devandito ente público a aceptación desta figura "tras doce meses de conversacións infrutuosas coa administración".

"Vímonos obrigados a solicitar a aceptación desta figura tras 12 meses de conversacións infrutuosas coa administración, oito meses de folga, cinco deles indefinida e a falta de resposta a unha nova solicitude de reunión, realizada o pasado 14 de maio, tras un novo rexeitamento á proposta presentada polo Sergas por parte dos traballadores no referendo do 8 de maio", explicou o comité de folga nun comunicado.

Segundo a mesma fonte, a súa intención "nunca foi o conflito polo conflito", senón que é "loitar polo cumprimento dun pacto asinado fai máis de dez anos", así como por unhas condicións laborais "dignas", e por uns recursos humanos que permitan que a asistencia extrahospitalaria poida ser levada a cabo "nunhas mínimas condicións de seguridade para a poboación", o que, ao seu xuízo, "redundaría nunha mellora da calidade asistencial".

"Por iso, e en aras de buscar unha pronta solución ao conflito, damos o paso de solicitar a figura dun mediador, esperando que o Sergas teña a ben aceptar esta vía", insistiron a PAC.

ESCRITO

No escrito, ao que tivo acceso a Europa Press, os médicos piden someter a medición dúas cuestións. Unha delas é o cómputo da xornada e "garantía de neutralidade" respecto da xornada complementaria forzosa (distinta de voluntaria), con abono da actividade non realizada en caso de incapacidade temporal e permisos retribuídos.

Así mesmo, tamén solicitan esta vía para o abono do complemento de nocturnidade e festividade. A PAC lembraron que para o nomeamento do mediador "deberá convocarse ao Comité de folga a unha reunión".

Médicos de Primaria de Vigo
Médicos de Primaria de Vigo | Fonte: Europa Press

Temas: FOLGA PAC SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio

E nas súas demandas, non figurará a desaparición dos celadores, non si ?