Varios PAC's estiveron sen os servizos médicos mínimos durante as eleccións

PACs en Pié de Guerra denuncia que "o Sergas volve incumprir os servizos mínimos" en centros como Carballo, A Laracha ou a Casa do Mar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

PACs en Pié de Guerra da área da Coruña denunciou que o Sergas volveu "a incumprir os servizos mínimos" nalgúns Puntos de Atención Continuada (PAC) durante a xornada electoral do 26 de maio.

Segundo denunciou este colectivo nun comunicado, ao longo do domingo, coincidindo coa xornada electoral, "volvéronse a producir incidencias na cobertura do persoal sanitario de diversos Pacs na área sanitaria da Coruña", que, lamentou, "imposibilitou nalgunhas zonas conciliar cobertura de asistencia con dereitos dos traballadores".

En concreto, este colectivo puxo como exemplos a PAC de Laracha que "estivo durante dúas horas, de 8 a 10 da mañá cun só médico cando debería de haber dous", do mesmo xeito que en Carballo, que "durante dúas horas (18-20 horas) quedou un efectivo médico de menos, ou a Casa do Mar que en total chegou a estar cun médico menos durante unhas oito horas", sinalou.

Ademais, PACs en Pié de Guerra asegura que "non se realizou a cobertura do 100% da presenza de enfermaría dos PACs de Cee e Vimianzo", polo que quedaron "os equipos sanitarios incompletos". "A PAC de Vimianzo estivo cunha soa enfermeira ata as 12 da mañá", abundou.

Mentres, apuntou que na PAC de Cee "estivo unha única enfermeira de 8 a 12 da mañá, e de 18 a 22 da tarde, no canto de dúas, como esixen os servizos mínimos". "Este feito é máis grave, se cabe , se se ten en conta que existe excedente de oferta nas listas de Enfermaría, que non se ten a escusa do anterior proceso electoral de déficit de persoal de enfermaría pola proximidade dunha OPE", denuncia este colectivo.

"PREVISIBILIDADE"

Todo isto, critica, "ante a evidente previsibilidad de que os traballadores ían ir a exercer o seu dereito a voto e proceso electoral previo no que xa se denunciaron feitos que se volveron a repetir".

"Consideramos que a Xerencia desta área sanitaria é responsable do incumprimento dos servizos mínimos, que unha vez máis deposita nos profesionais da saúde unha maior responsabilidade da que lle corresponde e obriga aos mesmos a realizar o seu traballo en condicións que poden non garantir unha asistencia sanitaria adecuada dado que o propio Sergas estableceu para esta folga un 100% de cobertura dos servizos mínimos e é o mesmo que o está incumprindo sistematicamente", advertiron por parte de PACs en Pié de Guerra.

Protesta este domingo 12 de agosto ante a PAC de Galicia. PACS EN PÉ DE GUERRA - Arquivo
Protesta este domingo 12 de agosto ante a PAC de Galicia. PACS EN PÉ DE GUERRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta