Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 17:28
O 900 815 085 será o número de teléfono que activará a Xunta para que os galegos poidan denunciar de forma anónima e confidencial a incendiarios. Así o avanzou este martes no Parlamento galego o conselleiro de Medio Rural, José González.
Neste teléfono gratuíto se poderá alertar de "calquera comportamento presuntamente incendiario". O obxectivo é incrementar a "concienciación social" fronte a "delincuentes" que "poñen en perigo" á poboación, para os que pide "tolerancia cero".
Nunha comparecencia para presentar as liñas mestras do plan contra lumes en Galicia (Pladiga) deste ano, aprobado a principios de mes no Consello da Xunta, José González fixo unha chamada a todos os grupos da Cámara galega para levar a cabo "un pacto autonómico" de loita contra a "secuela" dos incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.