En estado moi grave un mozo que recibiu unha malleira en Valdoviño

O ferido recibiu golpes por todo o corpo e sobre todo na zona da cabeza, o que lle provocou feridas importantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Un mozo veciño de Valdoviño (A Coruña) atópase en estado moi grave tras recibir unha malleira na tarde do pasado sábado, 25 de maio, cando se atopaba nun local de hostalaría situado no Sequeiro, no mesmo municipio no que reside.

Segundo sinalaron fontes consultadas por Europa Press, o ferido recibiu golpes por todo o corpo, pero, sobre todo, na zona da cabeza, o que lle provocou feridas importantes e o ter que se trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), onde se repón.

Familiares do ferido cursaron na mañá deste martes a correspondente denuncia ante a Garda Civil, que se fixo cargo das investigacións para tratar de esclarecer este suceso e localizar ao agresor.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta