Gómez-Reino vincula "ter opcións" nas eleccións autonómicas con "reconstruír o espazo rupturista"

O secretario xeral de Podemos Galicia admite que o seu partido "non conseguiu os obxectivos" pero pon a súa mirada cara o futuro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia



O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, apelou este sábado a "reconstruír o espazo rupturista" para así "ter opcións" nas próximas eleccións autonómicas, que se celebrarán no outono de 2020.

Tras admitir que nas pasadas municipais o seu partido "non conseguiu os obxectivos", o tamén deputado no Congreso puxo a mirada cara ao futuro. "Hai que reflexionar e hai que dar pasos para que a cidadanía volva identificar o noso espazo como o espazo fundamental xa non, por dicilo así, á esquerda do PSOE, senón en xeral o espazo fundamental na esquerda do país para a transformación da Xunta a partir do ano 2020", indicou Gómez-Reino nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press.

Para iso, sinalou que a formación morada debe ser a "dinamizadora" dese espazo e chamou a sumar ao resto de actores. Así, fixo referencia sen nomeala a Anova, pero non a Luís Villares, o portavoz de En Marea. Para o líder de Podemos en Galicia hai que "facer un espazo que sexa suficientemente cómodo para que as diferentes candidaturas municipais e as organizacións que, por exemplo, nas eleccións xerais decidiron non participar poidan estar cómodas".

Segundo el, a clave é que "hai que aprender a sumar" e hai que "construír unha cultura democrática de acordos", xa que, ao seu xuízo, a sociedade "clarísimamente" di que "hai que chegar a acordos", por iso destacou a predisposición de Podemos Galicia sobre este feito.

BEIRAS

Preguntado polo 'twit' que Xosé Manuel Beiras publicou sobre os resultados das municipais en Santiago de Compostela, Gómez-Reino preferiu "non entrar". Aínda así, afirmou que "moitas veces se expresan formas en ferramentas telemáticas, ás veces sen saber moi ben na forma na que hai que comunicarse na linguaxe das redes sociais e probablemente está a ser malentendido". Neste sentido, engadiu que nas redes sociais, "do mesmo xeito que na relación coa cidadanía", hai que ser "escrupulosos" e "respectuosos" co que a xente vota.

AMANCIO ORTEGA

Cuestionado tamén polas palabras de Pablo Igresias e outros líderes da formación morada sobre o dono de Inditex, Amancio Ortega, durante a campaña, Gómez-Reino mostrouse convencido de que "o propio Ortega é a primeira persoa interesada en que haxa mecanismos estritamente legais para que poida contribuír en todo o que é necesario", dado ao volume dos movementos económicos das súas sociedades. Ademais, sinalou que Amancio Ortega "probablemente" estaría de acordo co que dixeron tanto Isabel Serra como Igrexas.

Gómez-Reino apela a 'reconstruír o espazo rupturista' para 'ter opcións' nas eleccións autonómicas. CRTVG
Gómez-Reino apela a 'reconstruír o espazo rupturista' para 'ter opcións' nas eleccións autonómicas. CRTVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 eusi

Despois de pediren as cabezas dos demais, tócalle o turno a eles e elas; a resposta? mirar cara adiante? Realmente é, saida pola tanxente. Saivos mal as flacatruadas contra os demais, querendo romper todo o rompible. DEMITIDE!

5 Outra copiña meu?

Disfrutade do "viñote" que non hai outra ronda.

4 Gon Than

Eusi, Calvo de la Ciga, e outros, opinade con nho, ou estades lambéndovos debaixo dunha figueira? Acabouse a diversión, como aquela de Carlos Puebla.

1 eusi

Que si homiño, o descalabro do Bnjajaja sempre é culpa dos demais, mesmo de LaCoz, que tanto vos quere ultimamente. Os Bnjajajallos están celebrando que o Pixoe gañase as eleccións para conseguir pactiños de m_rda prós 4 xefes carneiros de sempre...sortiña meus!

3 Mike de Valeira

"Madrilegos 2: Endgame", proximamente no seu cine máis cercano o filme das liortas de egos e carguiños para rematar definitivamente co nacionalismo galego de esquerda (ou sexa, co BNG). Protagonistas: Tone, Yoli, Beiras, anova, podemos, psoedg, etc. Non a perdan, Galiza ben merece un esforzo final de eutanasia!

1 GañaPsoe-GañaBnjajaja

Sempre é culpa dos demais, nunca vosa. Ser carneiro é o que tén: medran os cornos sen control pra vos escornardes contra os demais, ao tempo que diminue a capacidade de autocrítica. Seguide celebrando a vitoria do Psoe, así conseguiredes 4 carguiños pra ides tirando até as proximas eleccións.

2 Gamela

Este home non sabe DI-MI-TIR ? E deixar de argallar nas Listas Electorais para buscarlle praza en Madrid a Doña Yolanda? E meter de número dous por Vigo a quen non ten idea de nada? E falar coma se fixera algo máis que ROMPER EN MAREA !!!