Os primeiros barcos de Burela partirán para a costeira do bonito nos próximos días

O presidente da Confraría de Pescadores de Burela, Basilio Otero, anunciou que sairán entre "tres ou catro embarcacións", pero que serán moitas máis durante xullo e agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O presidente da Confraría de Pescadores de Burela (Lugo), Basilio Otero, anunciou que probablemente "ao longo desta semana ou principios da próxima" sairán os primeiros barcos para a costeira do bonito do porto mariñán.

Unha campaña que levou a que estean xa faenando "barcos doutras comunidades", buscando o bonito que "se atopa lonxe", comentou. En canto aos barcos de Burela, Otero precisou que, en principio, ascenden a "tres ou catro as embarcacións", pero serán "moitas máis" durante os meses de xullo e agosto.

Ademais, aclarou que hai que ir buscar o bonito cara a caladoiros do "norte", á vez que advirte de que a cota da presente campaña é "a mesma que a do pasado ano".

Así mesmo, alertou de que no sector "hai preocupación porque os canarios pescaron máis que o ano pasado". "A ver onde chegan (os canarios), e a ver o que pasa cos barcos de cebo vivo que son os que máis consumo teñen", puntualizou o patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela.

Os pescadores españois 'á caza' de redes á deriva e outros lixos mariños para reciclalas en fibras téxtiles. ARVI
Os pescadores españois 'á caza' de redes á deriva e outros lixos mariños para reciclalas en fibras téxtiles. ARVI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta