O PPdeG pide unha fórmula para unificar a selectividade en todas as comunidades

A secretaria de Estado de Universidades avanza que a unificación de probas de Selectividade "está encima da mesa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O PPdeG avoga por que a Xunta se dirixa ao próximo Ministerio de Educación para que arbitre a fórmula que permita unificar as probas de acceso á universidade en todas as comunidades autónomas ao considerar que "o talento dos mozos galegos non pode verse prexudicado por un sistema educativo asimétrico".

Así o manifestou este mércores o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendese que a Avaliación para o Acceso á Universidade (EvAU) sexa "idéntica para todo o Estado" e se celebre a mesma semana en todas as comunidades.

"Somos unha comunidade con coñecementos por encima da media e, con todo, con respecto ás notas de acceso estamos por baixo da media estatal", explicou Tellado, que considera que "o que din os datos é que os alumnos galegos saben "máis" pero que na selectividade puntúaselles " peor".

O secretario xeral do PPdeG considera que esta cuestión, que se pode deber "á esixencia do sistema educativo galego" ou á "falta de esixencia" doutros, é "negativa" para os estudantes galegos polo que incide na necesidade de "camiñar cara á igualdade de oportunidades".

"ESTÁ ENRIBA DA MESA"

O PPdeG pide que o Ministerio de Educación arbitre unha fórmula para unificar a selectividade en todas as comunidades. PPDEG
O PPdeG pide que o Ministerio de Educación arbitre unha fórmula para unificar a selectividade en todas as comunidades. PPDEG | Fonte: Europa Press

Pola súa banda, a secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras, avanzou que a unificación das probas de Selectividade das distintas comunidades autónomas "está encima da mesa".

Preguntada polos medios durante unha visita á empresa Hermansa en Vigo, a secretaria de Estado recoñeceu que se trata dun tema que pode xerar "debate" entre distintas comunidades autónomas e que tamén pode levar posicionamentos variados entre os pais dos alumnos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño bis

Non falamos do PP de Casado, nin de Ciudadanos, nin de vox: é o PPdeG, os gardiáns do corpo de Castelao! E qué tal cunha fórmula matemática, só en caso de traslado de expediente? Un factor de corrección que compense o desvío coa media estatal do ano anterior, por exemplo.

1 Papón do mar

É moi fácil. Primeiro independizámonos e despois facemos a mesma selectividade nas distintas comunidades: Lugo, Coruña, Costa da Morte, A Mariña, Valdeorras, Ourense, Vigo...