O BNG esixe ao Goberno que recupere o Pazo de Meirás como patrimonio público

Tamén considera que a Casa Real que debe anular os títulos nobiliarios concedidos á familia Franco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O BNG retomou a "irrenunciable" reclamación de que se recupere a titularidade pública do Pazo de Meirás, que permanece en mans dos herdeiros de Franco, coa presentación dunha iniciativa no Parlamento de Galicia na que tamén dirixe a mirada á Casa Real, á que pedirá que "anule" os títulos nobiliarios do "Ducado de Franco" e "Señorío de Meirás".

O BNG esixe ao Goberno que recupere o Pazo de Meirás e á Casa Real que anule os títulos nobiliarios ao Franco
O BNG esixe ao Goberno que recupere o Pazo de Meirás e á Casa Real que anule os títulos nobiliarios ao Franco | Fonte: EP

A iniciativa debatirase a próxima semana, cando se cumpre un ano da aprobación por unaminidade no Parlamento de Galicia da reclamación ao Goberno que iniciase a demanda civil contra a familia Franco para recuperar o Pazo, situado en Sada. A histórica propiedade da escritora Emilia Pardo Bazán fora regalada a Francisco Franco pola Deputación de A Coruña no ano 1938 despois dunha costación popular.

A iniciativa pon enriba da mesa, como anunciou o deputado do BNG Luís Bará, como "unha proba de lume" para a democracia e unha "proba de algodón ao Goberno" para que o PSOE demostre se "vai actuar con valentía" ou vai continuar "sumiso" a "poderes fácticos". Os nacionalistas transmiten as súas "dúbidas do compromiso" do Goberno e tachan de "teatro", "márketing" e "parafernalia" que o PSOE trate de aborda a problemática da pervivencia do franquismo so "cun asunto concreto" como o do Val dos Caídos, como unha "gran operación propagandística para ocultar a ausencia da vontade de decisión política".

En todo caso, o BNG sostén que houbo "presións" dende "as máis altas instancias", con "intervención directa da Coroa", para que o Goberno non presentase a demanda civil para recuperar o Pazo de Meirás, que estaba "preparada" para marzo e se "paralizou no último momento". Ante isto, os nacionalistas confían en lanzar "unha mensaxe do Parlamento de Galicia" ao Goberno pero tamén á Casa Real, para comezar a retirar as "prebendas" á familia Franco coa anulación dos títulos nobiliarios concedidos polo Rei en novembro de 1975.

A iniciativa, que será debatida no Parlamento de Galicia, tamén pide o apoio dos grupos políticos para que rexeiten o uso do Pazo de Meirás para a "apoloxía do franquismo", ao entender que está a ser empregado como "un fortín" para "eloxio do réxime terrorista da dictadura".

"Estamos ante un aldraxe continuado", un "ataque aos cementos da democracia" que sera "inconcebible" en calqueira Estado democrático e que supón "contaminalo" de forma "tóxica e nociva", cunha situación que "envalentona á familia" para continuar facendo "apoloxía do réxime", apostilou Bará.

Nese sentido, lamentou o "mundo ao revés" que, ao seu xuízo, supón que non se persiga aos herdeiros de Franco pero haxa denuncias contra as persoas que reclamaron a devolución a patrimonio público do Pazo de Meirás, entre eles, o investigador Carlos Babio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta