Impulsan un taller de artes marciais para nenos dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

O concello pontevedrés de Valga cre que as artes marciais son "ferramentas preventivas e de autodefensa ante posibles ameazas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O concello pontevedrés de Valga desenvolverá o vindeiro xoves, día 13 de xuño, un taller de autoprotección para nenos a partir dos 6 anos orientado a evitar calquera tipo de agresión.

A actividade incluirá unha exhibición a cargo de Xullo Oliveira, instrutor da Escola de Artes Marciais Club Roli de Caldas de Reis e 5º dan de Hapkido. Ademais, os nenos porán en práctica varias técnicas de defensa persoal adaptadas á súa idade e orientadas a evitar calquera tipo de agresión e a zafarse no caso de que sexan abordados.

"Trátase dunha actividade educativa para que os nenos adquiran ferramentas preventivas e de autodefensa ante posibles ameazas, aprendan a reaccionar de forma correcta e saiban pór en práctica técnicas sinxelas e intuitivas que poidan resultarlles útiles", explicou o Concello de Valga nun comunicado.

A chaira da Candieira será o escenario onde leve a cabo dita actividade, que se desenvolverá entre as 16,00 e as 18,00 horas e para a que é necesario inscribirse previamente.

O taller é gratuíto e organízase no marco do Programa de Prevención e Sensibilización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. En caso de choiva, a actividade realizarase no Auditorio Municipal.

Nenos
Nenos | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta