Odaiko e Compañía N+1 protagonizan o Galicia Escena Pro na terceira xornada do mercado

Tamén se poderán ver o espectáculo "Requiem", de Rotura Producciones, e "Pink Unicorns" de Macaca, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Odaiko e Compañía N+1 protagonizan as dúas estreas absolutas do Galicia Escena Pro que poderán verse este mércores en Santiago de Compostela, dentro da programación da sétima edición deste mercado de artes escénicas. A formación madrileña Rotura Producións e as galegas A Macana e A Quinta do Cuadrante completan a carteleira desta terceira xornada.

A actividade de mañá dará comezo coa primeira estrea, o espectáculo 'Circopeta', que Odaiko representará por primeira vez ás 11,00 horas na Fundación Sgae. Posteriormente, ás 17,30 horas, será a quenda da estrea de 'Evolution', de Compañía N+1, na que tamén xoga un papel fundamental o circo.

Ademais, a terceira xornada de Galicia Escena Pro ofreceralle ao público unha proposta chegada desde Madrid, grazas ao intercambio con MADFeria por segundo ano consecutivo. Trátase do espectáculo 'Requiem', de Rotura Producciones, que poderá verse na Fundación Sgae ás 12,30 horas.

Pola súa banda, o Teatro Principal será o escenario de 'Pink Unicorns', da Macana, que se subirá ao escenario ás 19,30 horas. A carteleira do mércores rematará con 'O empapelado amarelo', espectáculo de debut de A Quinta do Cuadrante.

Galicia Escena Prol 2019 reforza as posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria e País Vasco. XUNTA
Galicia Escena Prol 2019 reforza as posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria e País Vasco. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta