Pérez Bouza: "Non participarei nun BNG bis"

Xosé Manuel Pérez Bouza é un dos protagonistas da catarse nacionalista deste inverno. En semanas pasou de senador e candidato por Ourense a marchar do BNG e a estar distanciado da vida interna de Máis Galiza. Agora conversa con GC sobre o futuro dunha nova alternativa nacionalista.

Por Walter Burns | Ourense | 15/02/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Desatou unha treboada de comentarios cando contou no seu Facebook que estaba "traballando, como sempre fixen dende os 21 anos. Hoxe de garda no PAC de Xinzo de Limia. Aínda que algúns 'profesionais' non o crean, ó marxe da política tamén hai vida.  Profesional da política: que vive da política, sen que se lle coñeza outro oficio. Desgraciadamente hai moitos, cada vez máis". Con todo, Pérez Bouza non se intimida e explica polo miúdo o que el entende que demanda a sociedade galega:

None

A semana pasada decidía abandonar a militancia do BNG despois de moitos anos e tras ocupar postos de responsabilidade hai pouco, en concreto como senador. Non lle dá vértixe unha decisión así?

Resulta evidente que tomar a decisión de deixar a única formación política á que estiven afiliado na miña vida e na que levaba 20 anos, non resulta nada doado, e por iso tomeime un tempo prudencial para reflexionar, para pensalo coa cabeza fría, de xeito sosegado, e poder tomar así a mellor decisión tanto para o BNG, coma para mín.

Vostede alegou que marchaba por discrepancias políticas, podería explicalas?

A maioría dos afiliados do BNG que asistirón a Asemblea Nacional, de xeito lexítimo e democrático decidiron que o BNG sexa unha forza antisistema, situada na esquerda alternativa e que aposta pola movilización social como principal estratexia para conseguir a liberación de Galicia, reafirmándose para iso nunha estructura organizativa de frente e consolidando ao principal referente político. Eu respectoo, pero non o comparto e moito menos estou disposto a defendelo, porque penso que non é útil para Galicia, nin para defender a súa identidade, nin para transformar a súa cada vez máis crítica realidade económica e social.
 
Que Pérez Bouza marche como militante do BNG significa que abandona a primeira liña política?

Unha persoa que leva 20 anos afiliada a unha forza política, participando de xeito moi intenso durante todo este tempo, e que asumiu importantes responsabilidades tanto a nivel interno como de representación institucional, é evidente que lle preocupa a situación do seu país e que está disposto a contribuir co seu traballo a melloralo. Pero ademáis eu creo na política como instrumento válido para transformar realidades negativas como as que estamos vivindo, e crear benestar para o cunxunto do cidadáns. Outra cousa é que por discrepancias coa línea e a práctica política do BNG, decidira solicitar a miña baixa nesta organización, o que non significa que o meu compromiso con Galicia non siga existindo.

Vostede forma parte dos órganos de dirección de Máis Galiza, en concreto do Consello Político Nacional. Con todo, non formou parte da candidatura que Máis Galiza pactou co Encontro Irmandiño na última Asemblea do Bloque. Por que? 

Porque considerei que a alternativa que primeiro propuña Mais Galiza en solitario e despois en coalición con Encontro Irmandiño, non introducía cambios en profundidade, nin na línea polítca, nin na estructura organizativo,  e que polo tanto aínda que me sentía moito máis identificado con esta proposta que coa representaba a ApU, non me convencia o suficiente como para participar activamente na mesma.

Segue a vostede a militar en Máis Galiza? Sigo afiliado a Máis Galiza aínda que xa levo tempo sen participar na súa vida interna.

Tras a marcha do EI do Bloque, o debate sobre a continuidade na fronte de Máis Galiza está sobre a mesa. Dende fóra dá a impresión que unha parte da militancia de Máis Galiza si quere marchar, mentres na dirección hai división de opinións. Cal cre vostede que é a opción máis coherente politicamente?

Nun proceso de ruptura como este, ao meu xuizo a postura máis coherente é que cada quen tome a súa decisión en función das súas razóns. Cando menos eu así o fixen, decidín solicitar a miña baixa como afiliado do BNG, por unhas razóns moi concretas, que non coinciden necesariamente coas que están expresando como colectivos organizados, nin Máis Galiza, nin o Encontro Irmandiño.

É factíbel que os militantes de Máis Galiza que marchen do BNG participen na nova fronte que os irmandiños chamaron a crear este domingo? Non son ideoloxías moi distantes, o altermundismo dos irmandiños e a socialdemocracia de Máis Galiza?

Alá cada quen que faga o que considere oportuno. Eu o que teño moi claro e que só participarei nun novo proxecto político se de verdade é novo, novo na liña e na práctica política, novo na súa estructura organizativa e novo nos referentes. Para construír un BNG bis, situado nas mesmas coordenadas ideolóxicas, coa mesma práctica política e coa mesma estructura organizativa, eu non estou disposto.

Existe espazo para unha forza nacionalista galega de ideoloxía similar á de CiU ou o PNV en Galicia?

Cataluña é Cataluña, Euskadi é Euskadi e Galicia é Galicia,  e só teñen en común ser territorios históricos, ser nacións, pero cada unha delas con realidades identitarias, económicas e sociais moi distintas, que iso si, comparten a necesidade de contar con forzas políticas propias que, tanto dentro como fóra dos seus territorios, defendan os intereses dos seus cidadáns, pero que non tén por qué ser  forzas políticas absolutamente homologables no seu pensamento e na súa práctica política. O que ninguén póde negar é que se Euskadi e Cataluña están onde están, entre outras moitas variables está a de contar con forzas políticas como o PNV ou CiU, porque un abano moi amplo de sectores sociais, incluída parte dos empresariais, apoianos para que defendan os seus intereses, tanto de identidade como de tecido economico e social. En Galicia, parte dos traballadores e dos sectores ilustrados pensan que debe existir unha forza nacionalista e progresista que os represente a eles e aos intereses do país, pero a maioría, incluídas as clases dirixentes, confían esa defensa á esmola ou a "ter contactos", e así nos vai e lles vai.

Entonces ó seu xuizo que tipo de forza política precisa Galicia?

Si temos en conta que por diferentes motivos, neste momento ningunha das tres forzas políticas con representación parlamentaria, ten un proxecto que responda as necesidades de Galicia, cada vez colle máis forza entre a sociedade a idea de que en Galicia se precisa un novo proxecto político, que ao meu xuizo debería ser nacionalista, porque Galicia é unha nación, galeguista por que a nosa nación é Galicia, non é outra e progresista tanto no modelo económico, como social. Un proxecto político  comprometido coas demandas de rexeneración democrática que esixe a sociedade, con vocación de goberno, con iniciativas transformadoras e ambiciosas, pero a súa vez prácticas e realistas, que non señan unha fonte innecesaria de frustacións cando haxa que gobernar as distintas institucións, disposto para conquistar a confianza maioritaria dos galegos/as e para disputarlle a hexemonía electoral e social ao PP e PSOE. Iso e non outra cousa, ó meu modo de ver, é o que precisa Galicia, e ademais penso que é o que cada vez con máis forza demandan amplias capas da sociedade galega, que saben  que cada vez é máis urxente que se defendan os seus intereses, cousa que, en distinta medida, non atinaron a facer as organizacións tradicionais.
 
Pode entenderse da súa resposta anterior, que nunha forza polítca situada nesas coordenadas, vostede estaría disposto a participar?

Para que emerxa un novo proxecto político non chega con que uns cantos teñan vontade de crealo, ten que existir unha demanda social. Si se dá esa condición e o proxecto se sitúa nesas coordenadas, e ademais desde o exercicio do autogoberno, resulta útil para Galicia e para conquistar as maiores cotas de benestar para os galegoss, entonces si que estaría en disposición de participar como un máis, arrimando o ombreiro, como sempre fixen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

7 Riazor 1982

Xosé Manuel Pérez Bouza quentouse, falou de máis, e despois ficou preso das súas verbas, entrando nunha curiosa deriva autoxustificativa dunha previa arroutada inxustificable. Paréceme ben canto di, que parece ser a necesidade de ter en Galiza unha forza semellante a Coalición Galega, pero pivotando no centroesquerda e non no centrodereita. Perfecto, pero logo, amigo Bouza, e conmilitón tamén en +G, ¿¿qué carallo facías no BNG e mesmo en +G?? Isto é o que endexamais entenderei. Agás a explicación psicolóxica que xa ofrecín.

1 Requila

Non se supón que o BNG era un "bloque" de partidos nacionalistas desde os liberais do PNG ata os comunistas da MGS???. Se non sabías iso non sei a que estás.

2 Aidol

Riazor, deche no prego!Assí foi.

3 Manuel

Pérez Bouza non entendes home, o BNG agora en breve será un Bloque único, pois so contará cun único partido UPG (e MGS que é +UPG). Que pena de final por culpa de catro iluminatis desnortados que so se preocupan do seu postiño, o demais tráellela frouxa

6 León Gallego

Lo verdaderamente alucinante de todo este asunto de la descomposición del BNG, es que ningún nacionalista parece entender que la gran mayoría de la sociedad gallega no comulga con sus postulados. Nuestra nación es España, cada uno se identifica con lo que quiere y sentimos como propio aquello de lo que participamos, no aquello que otros como el señor Pérez Bouza trata de hacernos ver. Los gallegos no necesitamos ningún mesías que nos libere de nada y mucho menos a una pandilla de iluminados que nos conduzcan a un paraíso que no ha existido jamás.

1 Bruar

Hehehehe pero que pouco cola esa mensaxe. Algún non entende de posibilidades. Moita xente, ainda pensando en España, é e será capaz de apoiar a quen realmente defenda esta Terra e os intereses da sua cidadanía. Pensas que todos eses galegos serán tan españoles de non apioar a unha alternativa que os defenda? Pensas acaso, que que a ducia e media de diputados de CiU reciban 500.000.000€ por pulsar un botón e apoiar os presupostos do PP merece respecto e non o AVE galego? Pareceralle ben a algúns do PP que vinte pulsacións no botón de A FAVOR valen máis que que nós teñamos ese AVE 20 anos despois dos cataláns ou andaluces. Simplemente penso, que non pensas coa visión da actualidade, que te quedaches nas análises postfranquistas. Galicia existe por moito que a intentes negar co teu manto de espoñolismo e veremolo ben axiña.

2 León Castellano

Mira León Gallego...si cadaquén se identifica co que quere, non lle veñas ti a decir co que teñen que odentificarse. Por4que se crees que ti tés a Razón e os demais non, solo falta que definas como queres impoñela...como Hitler?.

3 Santiago

A pregunta é : a cal destes tres comentarios anteriores lle dan a razón os recontos de votos das últimas cinco convocatorias electorais??

4 Amigo de León Gallego

Nuestra Nación: ESPAÑA, UNA, GRANDE Y LIBRE. Y nuestro caudillo FRAGA, digo FRANCO.

5 SALTA SALTA

Este León Gallego semella o "gaviotero" dos comentarios en VIEIROS. ARRIBA ESPAAAAAÑA... con GOMA2.

6 artur

Home Leon Franco Bahamonde, lémbra-te que os teus tempos están periclitados e que xa non saes nas moedas pola graza de deus...é mais, aínda que os paramecios pensen que son elefantes son microbios...v.g: aínda que os galegos pensaren seren españois, é indubitabel que son galegos, tí incluido...

5 mémé

Que é o que quere corrixir mima?

4 IKEA

EU TAMÉN, DECLARO FUNDADA "lA REPÚBLIKA INDEPENDIENTE DE MI KASA"

3 xOsse

E vela a ladrar polas esquinas... pero se ninguén conta contigo.