Cando comeza o verán?

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller xa fixou a súa hora exacta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2019 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

Este venres 21 ás 17.54 horas comezará oficialmente o verán en Galicia. Así o explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo. A súa duración será de 93 días e 15 horas, rematando o vindeiro 23 de setembro.

Sol de Verán
Sol de Verán | Fonte: XUNTA

Segundo Docobo, remata unha primavera “máis ben seca na contorna de Compostela aínda que con temperaturas baixas especialmente no final da estación”. A precipitación de abril “estivo por debaixo da media quedándose en 214 litros/m2 pero non houbo precipitación nos comezos da primavera e en maio foi escasa ( 47,5  l/m2)”. 

Polo que respecta ás temperaturas, a máxima absoluta tivo lugar o 31 de maio con 33,7º e a mínima, de 2,1º, aconteceu o día 3 tamén de maio. Como explica o director do Observatorio, son destacables as temperaturas máximas tan baixas rexistradas en xuño con oito días por baixo dos 18º e incluso medíndose 13,9º o día 6. 

De todos os xeitos, na súa opinión, “isto tampouco é novidoso xa que de cando en vez prodúcense situacións como a presente”. Sen ir mais lonxe, o ano pasado o día 9 de xuño a temperatura máxima en Santiago foi de 13,2º.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta