Un colectivo animalista denuncia a aparición de comida con cravos que foi inxerida por un can na Coruña

A factura que tiveron que aboar os propietarios do animal ascendeu a 1.200 euros, co que "se evidencia o custo económico dos malos tratos que debe ser satisfeito polas persoas que si coidan e preocúpanse do benestar animal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2019 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera denunciou que ata en dúas ocasións durante esta semana veciños do barrio coruñes da Sacra Familia atoparon anacos de comida con cravos e alfinetes, a poucos metros dun centro cívico e nunha praza na que se adoitan reunir habitualmente animais e nenos para xogar. De feito, o pasado 11 de xuño un can inxeriu de forma accidental un destes pedazos e tivo que ser intervido nunha clínica veterinaria da cidade, segundo informa Libera.

A factura que tiveron que abonar os seus propietarios ascendeu a 1.200 euros, co que "se evidencia o custo económico dos malos tratos que debe ser satisfeito polas persoas que si coidan e preocúpanse do benestar animal".

Libera lembra que a inxestión destes elementos punzantes pode provocar unha morte dolorosa aos animais e ás persoas, ao introducirse no sistema esofáxico e intestinal e provocar terribles perforacións, coas consecuentes hemorraxias.

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber aseguraron que tamén tiveron coñecemento doutro achado no mesmo sitio hai poucos días, como sucedera tamén a principios de mes no barrio da Ponche, en Ourense e no que tampouco parecen existir indicios sobre a súa autoría.

A entidade alerta de que os cebos poden ser recollidos tamén por menores de idade que poden sufrir "serias feridas". Neste sentido, os animalistas reuniron xa máis de 372.000 firmas para crear unha Lei Marco de Benestar Animal que homogenice as sancións e actuacións contra o abuso e malos tratos dos animais e lembrou que a norma galega non contempla sancións específicas fronte á colocación de cebos envelenados ou con elementos daniños, desde cravos ata pedazos de vidro.

FFW e Libera! avanzaron denuncias administrativas ante a Xunta de Galicia e o concello da Coruña, coa petición de apertura de dilixencias de investigación e dunha maior presencial policial nos barrios e trasladarán ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para reforzar a Lei de Benestar Animal autonómica.

Anacos de comida con alfinetes atopada na Sacra Familia da Coruña. LIBERA
Anacos de comida con alfinetes atopada na Sacra Familia da Coruña. LIBERA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta