Hospitalizado un motorista tras chocar cun vehículo en Sandiás

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, o 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Xinzo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Un motorista foi trasladado este sábado en ambulancia tras resultar ferido ao chocar cun turismo no concello ourensán de Sandiás, segundo informa o 112.

O 112 tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 11,45 horas. O motorista chocou contra o coche e a raíz do impacto, recibiu un golpe de consideración na cabeza.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, o 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Xinzo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os voluntarios de Protección Civil de Allariz e da localidade tamén foron alertados.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta