Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carvalho Calero, considerado o grande impulsor do reintegracionismo (corrente que avoga por integrar o galego no mundo lusófono mediante unha nova normativa ortográfica alternativa á oficial da RAG).

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

Criticado no seu día por defender estas posicións, durante moito tempo, a súa figura foi tan apreciada como deostada pola súa defensa do reintegracionismo e a súa candidatura, durante anos, foi amplamente debatida. Agora, o nomeamento de Carvalho Calero é visto con ledicia desde a Associaçom Galega da Lingua (AGAL), xa que, por primeira vez, se recoñecen e normalizan institucionalmente os posicionamentos reintegracionistas. Á par, desde a RAG, o seu presidente, Víctor Freixanes, recoñeceu que a aceptación da súa candidatura é "indiscutible", pero tamén dixo que a postura reintegracionista é "unha cuestión menor dentro da biografía de Carvalho Calero" que "parece que durante moito tempo embazou a súa figura".

Aberto de novo o debate sobre a oportunidade, ou non, de que a lingua galega se achegue máis á lusofonía mediante as teses reintegracionistas, GC quere coñecer a opinión dos seus lectores sobre o nomeamento de Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 ubtj

É un debate que non lle interesa a ninguén, repito a ninguén.

1 Pertom

Por isso vostede comenta sempre em todas as novas relacionadas con este tema, que por certo adoitam ser as que mais comentários tenhem, mesmo por riba das que falam de En Marea ou do BNG, que já é dizer. Vese-lhe pouco interessado no tema, abofé. Tamém aos da RAG que querem agochar no caixom o debate da normativa. Se os reintegracionistas somos quatro fanáticos, umha absoluta minoria à que nunca entenderá a 'sociedade galega' -essa gram abstraçom-, que medo tendes? Por que a proposta de Carvalho nom se aprobou até a novena -novena!-ocassom, já por nom poder manter mais o seu evidente veto? Por que mantiverom excluído dos círculos oficiais o velho professor durante a sua vida? Por que os representantes da RAG nas suas declaraçons oficiais intentarám mencionar a questom do reintegracionismo de Carvalho o menos possível e sempre descafeinando-a? Por que nim sequera respeitam a maneira na que grafava o seu apelido, como si figerom, por exemplo, com Uxío Novoneyra?

5 pasando

A ninguén lle importa o lusismo, só a vos.

4 lóstrego

Eu si.Lembremos sempre que hai que tentar superarse e ser fieis ao que sintas ou vaias aprendendo, para sinceramente, falala e oíla soar.

3 Bernardo

Carvalho Calero, pola súa traxectoria completa, trascende o reintegracionismo. Reducir o seu labor e ronsel a ese aspecto só minimiza a súa figura, cousa que, seguramente, desexarán quen "o tiñan desterrado e agora falan ben del".

2 Norma Tiva

«A normativa do portugués está feita e pensada para o portugués, non para o galego». Claro, por isso os lisboetas e brasileiros dizem "têtu", "fêra" ou "ôtru", mas escrevem TEITO, FEIRA e OUTRO. Bom, isto, os que escrevem bem. Olha só os erros ortográficos mais comuns dos brasileiros. Na maior parte dos casos, os galegos não teríamos esse erro. Por que? Porque NÓS inventamos essa ortografia, portanto É A MELHOR para nós. https://duvidas.dicio.com.br/erros-... "Mecher" (mexer), "ancioso" (ansioso), "descanço" (descanso), "encomodar" (incomodar), "mim parece" (este é um erro bem brasileiro, seria é claro, PARECE-ME), etc.