O PP rexeita defender as condicións laborais no futuro plan de transporte público

Os populares negan que se vaian a "empeorar" e lembran que o Tribunal de Contratación "deu a razón" á Xunta e desestimou recursos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular rexeitou unha iniciativa a través da que a oposición pedía á Xunta que defenda as condicións laborais e os postos de traballo no caso de que se paralice o desenvolvemento do Plan de Transporte Público de Galicia ou se algún dos contratos é economicamente inviable.

En concreto, a proposición non de lei foi defendida polo deputado do BNG Luís Bará, que considerado necesario que o Goberno galego reformule os pregos dos 100 contratos que se resolverán antes de agosto para que se "garanta os postos de traballo", así como as condicións laborais e salariais.

Así mesmo, o parlamentario reclamou abrir un "proceso de estudo, análise e negociación" para elaborar un "verdadeiro plan incardinado nun plan director de mobilidade sustentable". Todo iso tras denunciar a "trapallada" na que, na súa opinión, está a converterse o plan da Xunta por "os deficientes estudos de campo realizados por empresas paracaidistas que non coñecen o territorio".

A medida foi apoiada polo Grupo Parlamentario Socialista, cuxo deputado Luís Álvarez presentou unha emenda --aceptada polo BNG-- a través da que se pedía instar á Xunta a defender os empregos en se se paraliza o plan ou se algún dos contratos é economicamente inviable.

A iniciativa, ademais, contou co apoio de En Marea, cuxo deputado Marcos Cal asegurou que a redacción do plan é "outro despropósito da Xunta e dunha conselleira atrincheirada sen querer buscar solucións".

REXEITAMENTO DO PPDEG

Pola súa banda, os populares xustificaron o seu rexeitamento ao considerar que "non é verdade" que se vaian a "empeorar" as condicións laborais, tal e como asegurou o seu deputado Martín Fernández Prado.

Así mesmo, o parlamentario do PP sinalou que "hai moitas empresas interesadas" nos contratos do plan e que mesmo "haberá baixas económicas" tendo en conta que os contratos "son rendibles".

O presidente de Sogama informa dunha nova proposta para os despedidos da subcontrata Transportes Pacholo
O presidente de Sogama informa dunha nova proposta para os despedidos da subcontrata Transportes Pacholo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta