Critican o Sergas por ter información para as embarazadas en "polaco e en árabe", pero non en galego

Unha viguesa critica que a facultativa pola que foi atendida lle dixo que dispoñen de versións "en polaco, en árabe e en moitas outras linguas” pero que non existe versión en galego nin no hospital, nin na intranet do Sergas nin na Sociedade Galega de Xinecoloxía.

Por Galicia Confidencial | | 28/06/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Unha viguesa denuncia que o Sergas lles nega ás mulleres embarazadas o seu dereito a recibir información en galego e asegura que, nos últimos meses do embarazo, recibiu varias negativas a recibir os consentimentos informados precisos en galego. "Primeiro pídenche que agardes e, despois de horas de espera, infórmante de que non existe versión en galego nin no hospital (Álvaro Cunqueiro), nin no enlace do Sergas nin na Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía", afirma. "Dixéronme que dispoñen de versións "en polaco, en árabe e en moitas outras linguas” pero en galego, non", denuncia.

Espazo de traballo no Hospital de Lugo | Sergas
Espazo de traballo no Hospital de Lugo | Sergas

A directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, relatou tamén o pasado mes de abril en Twitter a súa particular "odisea" para conseguir que o Sergas lle ofrecese un consentimento informado en galego. E, de feito, das 303 queixas que tramitou no 2018, a Liña do Galego, un 12% estaban relacionadas co Servizo Galego de Saúde. Desde a entidade de defensa da lingua saliéntase que "a administración autonómica con funcións e competencias para garantir estes dereitos non só abdica da súa responsabilidade, senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego".

"A Liña do Galego só recolle unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos son sistemáticas", lamenta o presidente da Mesa, Marcos Maceira. "Este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía. Quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e respecta o galego, é precisamente quen máis a incumpre e vulnera", conclúe.

A LIÑA DO GALEGO

É un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara á garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, a Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar ás usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Branca Courelá

Garitos, proclamas, manifas, antisistemas, militantes nacionalistas de izquierdas con furor identitario (moi boa ista!) revolucionario... Fáltanlle etarras, iranís, norcoreanos, chavistas, palestinos, perroflautas e feminazis para completar o seu discurso de Ciudadano's (ou dos ppvox). Delirante discurso cun léxico que amosa a súa ideoloxía ultranacionalista española. Visitar vostede unha facultade? Como Casado en Aravaca? Pásese pola de medicina ou visite a área de saúde mental do hospital de Santiago, será ben recibido (e estudado...). A cura non lla garanto, mellor visite a catedral, o seu é de exorcista.

3 Cidadán

Dime Iria ¿qué Facultad es esa? Porque si algo distingue a toda clase de Facultades y demás "garitos" de estudiantes, son las proclamas, los anuncios de "manifas", las críticas al sistema y todo tipo de carteles en los cuales los jóvenes militantes (sobre todo nacionalistas y de izquierdas) dejan patente su furor identitario y revolucionario. Vivo en Santiago y me gustaría visitarla...si es que existe.

2 Iria Lugo

Máis ou menos como nas oficinas da xunta, na sede da rtvg, nas universidades... O mes pasado fun a un encontro na miña antiga facultade: nen un cartaz en galego, nen unha nota nos tablóns dos profesores, na cafetería só o camareiro me falou en galego. Camiñando polos pasillos nen un só alumno falaba a nosa lingua. E iso en Compostela... Haberá que montar outro partido nacionalista galego...

1 nostrus

Iria, non comprendo porque che molesta a lingua que falen os demais si ti podes falar a que che pete, ¿acaso os demais non teñen direito a facer o mesmo ca ti?. En canto a informacion o que hai que primordiar é que este chegue a mais xente posible, cousa que se cumple usando a lingua que temos en comun todos os españoles (galegos incluidos). Este criterio ha de estar porriba da identidade, a estettica, a saude das linguas e outros farrapos de gaita. En español polo menos, e si se quere por tamen en galego, pois non me opoño, pero non pola necesidade, sinon para que disfrutedes os nacionalistas. En canto a montar outro partido nacionalista, polo que se desprende do teu comentario, sería para establecer unha especie de inquisicion en favor do galego e en contra das personas. Saude Iria, e non teñas tan mala fe.

2 UxíaCG

O señor ou señora nostrus é o típico gallego alienado e liberal muymucho español. Amólalle que logo de 5 séculos de imposición castelá aínda haxa galegofalantes que defenden a súa lingua nacional. Ancha es Castilla, vaite pra ela e desfruta do teu idioma imperial tomando un tercio de Flandes mentres disfrutas dun libro do Reverte. Por certo, e seguindo a túa delirante lóxica, vai aprendendo mandarín...

3 uu1

Concordo com Iria, parafraseando a Castelao “Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.” Esta é a triste realidade da nossa língua, esmorece, desaparece e todo o mundo contento e satisfeito. E seguindo com Castelao “Por outra banda, consideramos como actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas. ¿Que diríamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Groria? ...Unha língua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.!

4 uu1

Para Nostrus, Língua comum? O correto seria dizer ¨língua imposta¨, os carteis nem sequer estão em bilíngue (a pesares de que o idioma galego é oficial e o idioma da Galiza segundo o estatuto). Você pode falar, ler e escuitar tudo o que quere no castelhano, os galego falantes não podemos (por exemplo nos carteis anteriores) e não e questão de vontade. Para chegar a mais gente poderíamos usar o inglês que é o único idioma global na atualidade.

1 Pitões das Júnias

Vergoña de im-país