PP e BNG gobernan en Cee

Zaira Rodríguez será a nova alcaldesa e Dani Oca, do BNG, o tenente de alcalde. Guillerme Vázquez cualifica de "comparsa do PP" aos edís nacionalistas. Contamos como foi a moción. Vídeo e fotos no interior.

Por Galicia Confidencial | Cee | 01/03/2012 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Zaira Rodríguez, portavoz do PP de Cee, será a nova alcaldesa desta localidade da costa da morte, tras recibir o apoio do seu partido e o do BNG na moción de censura que ambos os grupos presentaron a pasada semana contra o independente Ramón Vigo.

None

 

A nova rexedora obtivo sete votos, catro do PPdeG e o tres dos concelleiros nacionalistas, que yan foron expulsados da formación frontista. Pola súa banda, a concelleira socialista, Amancia Trillo, abstívose.

 

Tanto Zaira Rodríguez, como Dani Oca, o xa ex portavoz do BNG en Cee, defenderon a moción de censura pola "mala situació económica" que vive o concello e acusaron ao xa ex alcalde, Ramón Vigo, de utilizar a alcaldía coma se "fora a súa casa" e de "gastar compulsivamente".

 

Dani Oca mesmo chegou a referirse ao ex alcalde como un "mafioso". "Un por ser pequeno, gordo e fumar puros non é un mafioso", respondeulle Vigo na súa quenda de intervención na que destacou os investimentos que, durante o seu goberno, recibiu Cee e que cifrou en máis de 10 millóns de euros.

 

Sen incidentes relevantes

 

A moción de censura, que se celebrou no polideportivo municipal, transcorreu sen incidentes destacados, salvo algún insulto cruzado entre partidarios dun e outro bando. 

 

Esta é a primeira moción de censura que prospera tras as eleccións municipais do pasado maio. Segundo o acordo asinado entre Zaira Rodríguez e Dani Oca, a primeira asumirá a alcaldía da localidade e o segundo, será o seu tenente alcalde. Os ex concelleiros nacionalistas terán que para a formar parte do grupo dos non adscritos se se cumpre o manifestado este mesmo xoves polo BNG.

 

Expulsión

 

E é que o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considera que estes edís xa non forman parte da formación frontista tras facilitar a chegada do PP á alcaldía de Cee. Cúmprese, así, a amenza que a Executiva do BNG realizou o pasado luns.

 

"Estes xogarán xogarán o papel de axudantes do Partido Popular en Cee", denunciou Vázquez. Tras apoiar a moción, o BNG considera que xa non están dentro da súa disciplina política e que "poden facer o que crean conveniente", aínda que considerou que realizarán un papel de "comparsas" do PP. 

 

Esta é a intevención da nova alcaldesa:

 

Como foi a moción? 

Rúas cortadas, Garda Civil, Policía Local, un bo feixe de medios de comunicación –Antena 3 e Tele5 incluídos- e xente, moita xente. As inmediacións do polideportivo municipal da vila de Cee foron un ir e vir de xente ao longo da mañá.

Arredor de 300 persoas poboaban as bancadas do complexo deportivo á espera do comezo do pleno. Unha entrada que se veu mermada con respecto ás previsións do xa ex goberno municipal. Non faltou a plana maior do PP. Puidemos ver caras como a de Manuel Álvarez Campana, e os representantes dos populares da zona, como Daniel Rego, Eduardo Parga, Gema Freire ou Antonio Landeira, entre outros. O pleno estivo presidido polo concelleiro de maior idade, Plácido García.

Nos comezos tomou a palabra a voceira do PP, Zaira Rodríguez. Rodríguez expuxo nun primeiro discurso os motivos que levaron á súa formación e ao BNG a presentar a moción de censura. A xa alcaldesa de Cee falou “dunha xestión errática, un importante deterioro das arcas municipais, e unhas desobirtadas pretensións económicas persoais a costa do Concello”.

Zaira explicou que a moción foi tomando forma por mor das actuacións de Vigo á fronte da Casa Consistorial. A rexidora acusou ao independente de ser voceiro dun “goberno en minoría que facía de frontón”. Rodríguez explicou que “estas sete persoas non procuran un sillón, senón o mellor para os veciños”.

A número 1 dos conservadores tirou de economía para explicar o pacto: “Continúan aplicándose os orzamentos de 2010, que xa non se corresponden coa realidade”. “Nós xa lle tendemos a man nos casos do POS e da gardería sen resultado”.

A Casa da Cultura ou o PXOM foron outros dos temas nos que a edila se baseou para explicar o acontecido. “Sempre promulgamos que a lista máis votada fose a que gobernase pero non era un cheque en branco”.

Rodríguez rematou o seu discurso lembrándolle a Ramón Vigo que a súa etapa á fronte da alcaldía remata do mesmo xeito que a colleu, cunha moción de censura en 2001. 

Resposta de Vigo 

Na súa quenda, o xa ex rexedor, Ramón Vigo Sambade, ofreceu un discurso do máis poético, parafraseando a Pablo Neruda, Joaquín Sabina ou Juan Ramón Jiménez.

Vigo criticou o pacto ao seren “todos distintos, como a súa propia ideoloxía, a que agochan”. O ex alcalde cuestionou as intencións dos nacionalistas e acusounos de radicais con frases como “Hai que botar a Ramón Vigo aínda que sexa a paos”. O ex alcalde tamén tivo verbas para a cúpula do PPdeG. Cuestionou as críticas do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, sobre un desgoberno na vila da Xunqueira.

Sobre a débeda do Concello, de 1,5 millóns de euros, afirmou que “é consecuencia de gobernos anteriores”. Ante acusacións da voceira popular, Zaira Rodríguez, sobre falta de diálogo, Vigo Sambade dixo que “nós lle propuxemos a Zaira un pacto de gobernó, pero xa se comezou a falar da moción nada máis saír eu reelexido como alcalde”.

Postura do PSOE

O terceiro grupo en intervir foi o dos socialistas. Non tomou protagonismo ningún na moción a única concelleira dos socialistas no pleno. Amancia Trillo asumíu de novo o castigo que recibiron os seus nas urnas nas últimas eleccións.

Discurso do BNG 

O voceiro dos nacionalistas, Dani Oca, fíxolle unha especie de homenaxe de despedida ao ex alcalde de Cee: “Hoxe é o último espectáculo político de Ramón Vigo”. Oca acusono “de ser amigo do todo vale”, de facer “o que lle peta” e de convertirse “no rei do mambo”.

Nesta nova etapa á fronte do Concello, o líder do BNG asegurou que quere abrir as portas do concello ao pobo nunha nova andaina de “hixiene democrática”. Oca acusouno de “arruinar o futuro dos nosos fillos” e de facer políticas caciquís, que resumiu coa frase “ou estás comigo ou estás en contra de min”.

O voceiro dos nacionalistas afirmou que no concello “xa non haberá favores, e as obras faranse por concurso para que todas as empresas teñan as mesmas oportunidades“. Dani Oca lle espetou a Vigo “vostede vulnera o Estado de dereito, con contratos irregulares e obras a dedo”.

Ao igual que Zaira Rodríguez, Oca lembroulle ao ex alcalde que “perde a alcaldía do mesmo xeito que a conseguíu, cunha moción de censura”.

Por último, o portavoz do BNG falou de lealdade e confianza para o novo pacto de goberno, co que pretenden, principalmente, “sanear as contas do Concello”.

Votación

E chegou o momento clave. O da votación da moción. Saíu todo sobre o previsto, cos votos favorables dos edís de PP e BNG, o voto en contra de IxCee, e a abstención da concelleira do PSOE. Deste xeito, quedou proclamada como alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez.

Ao peche do pleno, o presumiblemente novo tenente de alcalde, Dani Oca atendeu á prensa. Preguntado pola posible expulsión do partido, Oca afirmou que “nós presentaremos unhas alegacións e agardamos que sexan comprendidas porque entenden que é unha situación excepcional”.

Zaira Rodríguez dixo ao remate que nos vindeiros días coñecerase o novo equipo de goberno. “Será un mandato difícil. A nosa postura máis cómoda sería quedar na oposición pero somos sete persoas que nos puxemos de acordo para traballar por Cee”.

Crónica do acontecido en Cee do xornal colaborador QPC 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

13 Aurélio

Aos do BNG de Cee que bem lhes saiu a jogada...já tinham pensado avrir-se do novo BNG-UPG. Total, Vigo e PP eram o mesmo. E a alcaldessa estivo de militante do BNG, algo lhe ficaría de amor á língua e ao País.

12 Black Crow

Ha sido una jugada perfecta, ahora ese concejo está gobernado por una de los nuestros y en las próximas elecciones ya les daremos boleto a estos muertos de hambre, como haremos con los comunistas de Extremadura.

1 Os pontos sobre as ies

Os comunistas de Extremadura ó contrario que estos non están a gobernar co PP, limitaronse a absterse e non votar nin por uns nin por outros.

2 Inxenua ma non troppo

Se cadra eres tan inxenuo que non ves a Oca presentandose co PP nas vindeiras eleccións. Sempre compre ler a letra pequena.

3 Black Crow

Por el carajo hacia arriba vamos a llenar nuestras listas con muertos de hambre, ahora bien, no descarto que el tal Oca este sea un pimpín y alguno de los nuestros le metiera una buena trola.

11 Obreiro

O mesmo día que entra en vigor a reforma laboral do PP os impresentables estos pactan co propio PP. Vese ben as claras a que serven estos zascandis (a eles mesmos). Falando coa miña familia de Cee me contan que non entenden un pacto PP - Bloque, cando vaia as festas da Xunqueira (nas que este ano seguro que botan a casa pola fiestra) poderei recabar mais opinións

1 LUPE -Ga

Non vaias a festa

10 Xelo

Agora para ós noxentos estos, hai pepeiros bós e pepeiros malos. Qué economía vai mal? Oca, semella ca tua, chourizo.

9 Antón

Empeza a ter visos de partido serio o Bloque ó desprenderse de todo este lixo que tan dano ten feito o nacionalismo de esquerdas. Qué imprensentable o Oca este que semella ser mais fachendoso e lle gosta mais chupar cámara que ó propio Beiras. Moi digna a actitude da concelleira do SOE.

1 anton

OSTIA, xa tocou a corneta pacorro para que enmerdedes? BNUPG, enimigo publico número 1 da galiza

2 Antón

É normal cando coincides coa congruencia cos incuengruentes coma ti vexan conspiranoias e seguidismo. A min o contrario ca ti soio me movilizan a decencia e o senso común, tal como eu os entendo.

3 CEE si

A U pactou co PP. En Corcubión, Muros, Fene e Cuntis... A eses non se lles expulsan. Ós que acaban cun corrupto si...

4 Antón

Foi a U a que fixo todalas desfeitas habidas e por haber, claro. Por eso mesmo agora que se desprende do unto, marca un ponto de inflexión e actua con coherencia. Vosa lóxica é a dos traballadores que votan polo PP.